Da Dehesa aos Tres Picos

Destino: Pirineos, excusa: Garnacha do Campo de Borja, parada: en Rubiales cun Prieto Picudo, final: un zoco na base do Atlas.

Cor escura e profundidade non penetravel pero cunha coroa que ilumina o seu perímetro con reflexos granates, xa en ruta o meu GPS neuronal coñecia dabondo o camiño e as referenzas que desde a banda atlántica se suceden ate as primeiras estribacions do prepirineo: Riglos, Sierra de Guara, o propio Somontano, máis a parada que motivaba esta viaxe estaba prevista en Campo de Borja cunha vella garnacha, xusto denantes de enfilar dirección norte, ese era o plan, máis nos primeiros aromas do camiño un afumado que vai marcando o contorno sobre as fruitas negras fai que a información xeográfica do arquivo sensorial empece a dubidar ou màis ben recoñeza outras rutas, aos poucos e misturado con outras sensacions que remitian á ruta orixinal o contorno que o afumado iba definindo coa suas madeiras exóticas e o sándalo non deixaba dúbidas, para o meu onírico mundo de desexos, a viaxe virara cara o sul, podia ter sido máis ó oriente pero os meus recordos estaban no pe do Alto Atlás, no último zoco antes de coller altura desde a beira das dunas, coas suas curtimentas aromáticas e alí, no fondo, un pouco apagadas pola distanza, as especias doces, todo envolto no palo aromático oriental, aqui norteafricano.

Cando enfilei un grolo pola gorxa adiante, poucas veces tan axeitada foi unha descripción introductoria porque entre a sua entrada e a sua chegada ó fondo non hai transición, nun efecto “yo-yo´´ enfilase directamente á gorxa deixando caer o seu peso con toda a densidade de taninos maduros e saborosos para rebotar e de volta encher o padal, e agora si deixarse saborear e retrogustear, daquela xa enfundados na chilaba co cigarro na man.

tres-p.jpg

O certo é que no camiño fixera unha parada en Rubiales para tomar o Dehesa de Rubiales Prieto Picudo do 2005, que ben pagaba a pena toda unha ruta ó seu redor. Solprende, que xa é suficiente na era uniformizada, nos comenzos aparece perfumado con aromas descoñecidos para min, como cando das unha aperta a alguén envolto nunha colonia fina pero intensa que te rodea nos primeiros momentos para co tempo e o aire deixar paso, neste caso, a un pouco de fruita no seu punto por eiqui, un algo da crianza por alá e sobre todos eles os aromas cítricos en forma de monda seca e orellons. Orixinal, cun sorprendente e saboroso atractivo co que enche a boca.

ppicudo.jpg

30/07/08

Os comentarios están pechados.