Archive for Agosto, 2008

Maria Bargiela

Esta fin de semana toca a Feira do Viño do Condado e nela a Cata na busca do viño Delicioso, non sei cantos se presentan a tal galardón este ano pero ha ser mui bon o elexido para teren máis fundamentos que o MB 07. Xa falara deste viño da parroquia de Porto elaborado por […]

Alain Graillot

En Crozes Hermitage, no Ródano septentrional, está a vila de Pont D´Isere, que linda polo sul coa máis afamada Tain l´Hermitage, e nela a adega e a maioria das 20 h. do viñedo de Alain Graillot coa rousanne e a marsanne nas brancas e o syrah para o vermello en solos formados polo aluvión do […]

Lavradores de Feitoria

Esta Compañia vitivinícola naceu no ano 2000 fundada por un bo puñado de propietarios de viñas e quintas, das tres subrexions do Douro, nun proxecto colectivo que conta cun modelo de xestión innovador tentando xuntar marcas e mercados nun proxecto sustentabel. Os lavradores de feitoria naceron coincidindo co pulo dos viños secos do Douro ou […]

viña/pasto

Trouxeranme un queixo de ovella zamorano e como tiña un Rueda de La Seca, o Naia do 2007, elaborado polo grupo Orowines que como é sabido estendense por varias das zonas vitivinícolas menos coñecidas e con enólogos procedentes do novo mundo, non neste naia, pois emocionarame coa idea dunha sintonia pasto-viña. Os precedentes ou os […]

Minho

O Miño, que vertebra Galicia desde a sua nacente ate o seu ocaso atlántico, ten no seu terzo final un significado non menos importante como é o de dar nome a todos os viños da rexión que vai polo sul desde as suas beiras ate as do Douro. A un nivel que a pesares dos […]

a volta cos aromas

Cada un de nos diante dunha copa de viño somos un mundo de experiencias, cultura vitivinícola, sensibilidades e emocions diferentes aos demais, pero esto manifestase todavía mais na fase olfactiva porque namentras nas cores, vista, e no gusto o que facemos é unha descripción do que vemos e do que sentimos no seu paso pola […]

latitude 8º

Este viño brasileiro é o primeiro viño producido na latitude 8º, concretamente no Vale de San Francisco, situado no centro do estado de Pernambuco, e está elaborado por Vinibrasil, unión da brasileira Expand e a portuguesa DaoSul, na vila de Petrolina. Alí as terras que rega o rio San Francisco soportan 300 dias ó ano […]

Sangre de Cortez

Por medio de Yuri Bilbatua, mexicano con ascendendia espallada por diferentes lugares entre os que está Vigo, é que os meus sentidos chegaron a contactar con este viño. Yuri ten unha proposta gastronómica sensa frontieras chamada Nuehz que se atopa no Centro Comercial A Laxe no peirao de Vigo. Nun dos seus ir e vir […]

Ven de ser inagurado en Barcelona o Monvínic, espazo para o gozo de calquera afeccionado do viño, por suposto tamén para profesionais, no que satisfacer os desexos de información e coñecementos gracias a unha biblioteca permanentemente actualizada con todas as guias, libros, diarios, catálogos asi coma unha trintena de suscripcions ás máis importantes revistas internacionais, […]