Ven de ser inagurado en Barcelona o Monvínic, espazo para o gozo de calquera afeccionado do viño, por suposto tamén para profesionais, no que satisfacer os desexos de información e coñecementos gracias a unha biblioteca permanentemente actualizada con todas as guias, libros, diarios, catálogos asi coma unha trintena de suscripcions ás máis importantes revistas internacionais, varios ordenadores onde poder consultar todo tipo de informacións e aulas para catas e conferencias. A adega deste centro – viñoteca pretende ser un reflexo da diversidade vitivinícola mundial con máis de 4000 referencias e un wine bar no que se poderá degustar diariamente varias ducias de viños por copas, desde os máis básicos aos top máis afamados, ademáis tamén disporá da correspondente oferta gastronómica. Por alí estará Cesar Cánovas que é toda unha garantia de coñecementos e profesionalidade. En total 500 mº que máis semellan un acto filantrófico ou de mecenado que un proxecto cunha rendabilidade sequera a longo prazo.
Sen sair de Catalunya e noutra versión do coñecemento a Facultade de Enoloxia da Universidade Rovira i Virgil de Tarragona nutre ás denominacions de orixen catalás dun elenco de novos enólogos ben formados. O sector da hostalaria, comercio e enoturismo tampouco se pode queixar xa que gracias a unha amplísima oferta formativa de cursos de especialización e postgrao de sumiller dispoñen dos profesionais máis valorados da península e de Europa.
Un amante do viño galego ten dificil o acceso a numerosas referencias e muito máis á sua proba, cata ou presentación, e acceder a información e coñecementos depende dunhas poucas iniciativas privadas.No sector que fai de nexo entre o elaborador e o consumidor e que determina boa parte das vendas partimos de cero, e según parece aí seguiremos sine die. Pola sua banda a Universidade galega contentase cun Master, que por certo so leva duas edicions, e despois das discusions sobre a necesidade dunha facultade de Enoloxia e logo sobre a sua ubicación, agora resulta que o parche circunstancial é outro Máster pero cun apéndice que se lle engade ó seu título de Enoloxia, o de “e empresas vitivinícolas´´, enfocado supostamente máis á xestión das adegas e menos á busca da calidade e da excelencia na producción e na elaboración do viño. Cando resulta evidente que o que nos faltan son creadores con fundamentos e cunha gran cultura do viño, e non tanto enxeñeiros de formación e padróns productivistas, ou xestores preocupados polos números e seguramente tampouco seleccions clonais e de lévedos que garantan un gusto uniforme anada após anada.
Coa dimensión das nosas adegas, as características de excelencia das nosas variedades, de calidade e nobreza demostradas, e coa nosa xeografia e distribución da terra semellan fóra de lugar certas concentracions parcelarias, as incorporacions de variedades“mellorantes´´ ou a viticultura do novo mundo.
Os que realmente fan de precursores e activadores provocando polo tanto o avance dunha zona, como recentemente pasou no Bierzo e antes en Toro, no Priorat ou no Douro, non son trinta xestores senón os ideólogos-artistas-creadores de viños que partindo do respecto á tradición e ás características que a fan especial ou diferente: variedades, solo, a vocación climática e á cultura da propiedade son capaces de enfocar á viña cara a excelencia non buscando unha rendibilidade forzada, case sempre baseada nunha producción industrializada que busca abaratar costes, nin experimentando en clons ou lévedos. A unión de productivismo, marketing e pura xestión empresarial son as características que definen aos novos paises productores, eses que carecen das características antes mencionadas e cos que non se pode competir nos mesmos térmos. Nós temos terriñas, castes cos seus microclimas ideais e según parece algún minifundio.
No número 1320, última semana de xullo, do periódico semanal A Nosa Terra
1/08/08
Filed under: viñodinámica by viticologo
Leave a Reply