Sangre de Cortez
Por medio de Yuri Bilbatua, mexicano con ascendendia espallada por diferentes lugares entre os que está Vigo, é que os meus sentidos chegaron a contactar con este viño. Yuri ten unha proposta gastronómica sensa frontieras chamada Nuehz que se atopa no Centro Comercial A Laxe no peirao de Vigo. Nun dos seus ir e vir por enriba do charco estivo na Baja California e trouxo este viño, eu de casualidade pasei polo seu local o dia que o estaba compartindo cunha cecina. O Sangre de Cortez está elaborado pola Casa Couttolenc Bueno no Valle de Ensenada, que xunto ó Valle de Guadalupe son os máis importantes da Baja, onde se produce o 90% do viño mexicano, outras zonas baixocalifornianas son: St Tomás, St Antonio, Valle de Parras e Coahuila. Esta casa ven sendo unha das pequenas adegas que conseguiron abrirse camiño entre as máis grandes e as denominadas bodegas boutique.
Este apéndice mexicano de mar e deserto, cáctus e baleas, calor e frio, din que é coma Napa hai 50 anos, como esperando un futuro máis brillante que o seu sol, o certo é que México foi polo 1524 o primeiro lugar do continente en contar coa vitis vinífera. Cortés chegara a firmar un decreto que ordenaba a prantación de 1000 sarmentos a calquera veciño que tuvese indixenas-aborixenes en repartimento. Logo e desde aqui chegaria a Perú, Chile e Arxentina polo sul e á Alta California polo norte.
Os viños destos lares elaboranse coas variedades internacionais máis extendidas polo mundo adiante pero tamén hai representación doutras castes coma o nebbiolo, o tempranillo e a pinot noir (!), o mesmo acontece no caso dos brancos. As “autóctonas´´: misión, rosa de Perú ou grenache (?), din que están a piques de desaparecer.
Dos tres Sangre de Cortez 2003 este é o elaborado con cabernet sauvignon que ten pasado 21 meses en barrica nova de carballo francés e americano. Os outros son un cabernet-merlot e un syrah-cabernet
Sangue, non podia ser doutro xeito, ou rojo arterial, como diria un mexicano, en pel curtida polo todo: sol, mar, area …, esto o digo eu por dicir densa e profunda, botando por fora aromas licorosos con canela e torrados, e como non pemento e pementa. Potencia na entrada e un pouco máis, redondeado polos doces taninos, máis de súpeto, coma despois da treboada, desaparece este bochorno e todo fica limpo e lixeiro … (incluso?) fresco.
5/08/08
Filed under: viños by viticologo
Leave a Reply