latitude 8º

Este viño brasileiro é o primeiro viño producido na latitude 8º, concretamente no Vale de San Francisco, situado no centro do estado de Pernambuco, e está elaborado por Vinibrasil, unión da brasileira Expand e a portuguesa DaoSul, na vila de Petrolina. Alí as terras que rega o rio San Francisco soportan 300 dias ó ano de sol e as cepas o que é “un ciclo vexetativo continuo´´, na práctica significa que en diferentes parcelas consiguese no mesmo dia facer a poda, ver a floración, catar os primeiros bagos maduros e facer a vendima, nun ano duas.

Os viños brasileiros producen máis rexeitamento ou desconfianza no propio pais que fora del, algo semellante acontece noutros lares, ainda que neste caso algún fundamento pode haber. Este podese atopar en supermercados portugueses a 6 €. Volverei a tomar viños brasileiros, pero seguramente outros.

O Rio Sol, subtitulado Vinho fino tinto seco, está elaborado con cabernet s. e syrah. Os seus 13º aparecen ben cubertos de vermello cereixa con arrecendos apementados e amadeirados, a aireación trae as fruitas vermellas, unha leve violeta e máis adiante os torrados e o café. O seu gusto é redondo: na entrada -no paso – e no final, e soleado, claro.

rio-s.jpg

10/08/08

Os comentarios están pechados.