Minho

O Miño, que vertebra Galicia desde a sua nacente ate o seu ocaso atlántico, ten no seu terzo final un significado non menos importante como é o de dar nome a todos os viños da rexión que vai polo sul desde as suas beiras ate as do Douro. A un nivel que a pesares dos escasos 50 km de recorrido portugués o situan incluso por enriba do mesmo Douro, cos seus 300 km atravesando o Portugal todo dun lado ó outro e separando o seu norte do resto.

Importancia que sen dúbida ven do seu peso histórico como nexo entre o norte e o sul da Gallaecia, un ente natural e o seu rio. Na zona quente deste nexo, para alguns fronteira, sucedense Melgaço, O Condado, Monçao, O Rosal e Vilanova da Cerveira

Nos últimos meses fora tomando por diferentes medios distintos albariños das beiras finais do Pai, coma o Quinta do Regueiro (Melgaço) do 2oo6, dunha botella que mostraba aromas de evolución, evolucionados, e fruita madura, cunha boca de entrada melosa e final amargoso, un Valmiñor 2007 do Rosal, con pastelaria e manza, imaxinemos calquer postre con ela, que na boca apareceu cunha fruita branca máis madura, equilibrado pero non mui longo, tamén foi un viño que me tiña decepcionado por diferentes e variados motivos, dunha lonxitude que evita a sua exposición nesta entrada, pero que nas duas últimas anadas satisfai aos que buscan a sona aderezada dun gusto redondo e longo, e non é outro que o omnipresente Terras Gauda, que no 2006 iba acompañado de aromas lácticos e cremosos con mambrelo e flores brancas, e un Reguengo de Melgaço 2007 con reducción nos seus comezos para sair logo con lácticos e iodados nun gusto un punto doce, meloso, con mambrelo. Dos tomados nunha situación máis axeitada para o seu degusto, tamén e non por elo os máis sobranceiros están o Soalheiro e o Solar de Serrade, este elaborado por Carlos Blanco, un dos varios galegos que traballan en adegas portuguesas, os dous de Melgaço, deles son as máis extensas divagacions posteriores o seu redor. Pero antes outras divagacions.

Adoito ler catas sobre viños en diferentes medios, todas son unha referencia a considerar, cada un escribe o que lle peta, vistase con máis ou menos “obxetividade´´ e sexa o máis ou menos frio e protocolario que sexa, á maneira e exemplo dun nariz e lingua electrónica por exemplo, non por iso hai que desprecialas, ainda que non inviten nin animen ao que unha copa de viño deberia e fixo o longo da historia da humanidade, o pracer e a emoción, ou a ensoñación.

Soalheiro 2007 Tumbarse nun prado ó sol ( Soalheiro) á sombra dunha pavieira e a carón dunhas herbas da ala coas suas flores amarelas en xullo seria unha redundancia con este alvarinho, mais foi, e despois de caer na tentación e trala enchenta co amarelo fruito impusose no ambiente os aromas máis secos das carabuñas sin as suas roupaxes. O gusto que calmou a sede foi lixeiro pero profundo, suave e agarimoso, cunha ténue e delicada acidez. Hai que esperalo, para que a pavieira e as suas carabuñas fiquen na distanza e a pradeira apareza asi máis seca pero con flores brancas, deseguro que algunhas delas tilo.

Solar de Serrade 2006 O Solar de Serrade, como querendo emular o porte señorial da sua casa do século XVII, presentase adornado co paso lento que a sua vestimenta aromática obriga, así o saudo é a modo de hidrocarburos, no seu caso finos, para deseguido pasearse acompotado acompañado dun fondo cremoso, despois deste paseo a despedida é cunha torrada de confitura entre os dentes.

17/08/08

Os comentarios están pechados.