viña/pasto

Trouxeranme un queixo de ovella zamorano e como tiña un Rueda de La Seca, o Naia do 2007, elaborado polo grupo Orowines que como é sabido estendense por varias das zonas vitivinícolas menos coñecidas e con enólogos procedentes do novo mundo, non neste naia, pois emocionarame coa idea dunha sintonia pasto-viña.

Os precedentes ou os diferentes comentarios sobre este viño sinalaban outras sensacionsás ás que atopei, onde din complexidade e elegancia golpeoume unha intensidade monocorde de pexego, o knock-out é tal que non din conseguido apreciar máis matices do primario, despois dun tempo, todo ten o seu final, asoma un feixe de palla seca, pero non o suficiente como para recordar a mestura do cereal e o herbáceo dos campos de Castilla. A potencia equilibrada de untuosidade e frescura co que definen o seu gusto fica reducido a unha redondez volumosa con certa golosidade no seu paso e un final amargoso (para manter a cuota de tipicidade) pero co frescor desaparecido pola meseta.

O pasto-viña en acordo e armonia non aconteceu, son incapaz de combinar con pracer ese impresionante queixo cun viño, ou zume concentrado fermentado, que me recorde un biofruitas. Sigo buscando un verdejo tímido pero coa profundidade e os recordos dos seus lares, e por suposto empezarei a busqueda dos novos e prometedores verdelhos que surden no Ribatejo, nas Terras do Sado ou no Alentejo.

20/08/08

Os comentarios están pechados.