Lavradores de Feitoria

Esta Compañia vitivinícola naceu no ano 2000 fundada por un bo puñado de propietarios de viñas e quintas, das tres subrexions do Douro, nun proxecto colectivo que conta cun modelo de xestión innovador tentando xuntar marcas e mercados nun proxecto sustentabel.

Os lavradores de feitoria naceron coincidindo co pulo dos viños secos do Douro ou inserindose nesa onda que de lonxe viña e xa a piques estaba de romper na area do vitivinícola mundo, onde sucesivas andanadas iban descargando o potencial de zonas recuperadas para os degustadores amantes de novas sensacions e xeografias sensoriais, paisaxes que nos fan recuperar a fe neste planeta dionisiaco, por iso dispostos a sumirse e abismarse sen medo no pracer que os nosos sentidos demandan, fuxindo do aletargamento que a uniformidade impón, onde nunca correrán perigo rexions con centos de millons de botellas nin idiomas con 300 millons de falantes. O bago ten un idioma como ten unhas raigames nun solo determinado, como o sol incide nas estacions con distinto carácter en cada terriña, como a paisaxe modula e a latitude determina.

No perfil dos seus viños ten muito que dicir Dirk Nieport participando activamente na elaboración de varias marcas, entre elas o Meruge e o Tres Bagos Grande Escolha. Este proxecto vitivinícola xunta a materia prima que aportan as diferentes quintas coas suas propias características para elaborar os distintos viños: Lavradores de Feitoria, Tres Bagos, Cheda, pero cando a calidade o xustifica os viños dunha quinta son embotellados baixo o sua denominación, estos viños de quinta son elaborados na adega do productor e os de lote son producidos nunha adega criada de raiz pola compañia; enumero as quintas que forman parte deste proxecto pola sua sonoridade e o achegamento que provocan: quinta da Tapada, da Meruge, do Marco, das Pias, da Costa, das Aguaneiras, Tralhariz, do Terreiro, da Estrada, da Mata de Baixo, do Cotorinho, da Trepadeira, Paradeita de Cima, da Soalheira, da Pelada, da Picota (en cursiva os Vinhos de Quinta elaborados)

Tres Bagos 2005 elaborado con touriga nacional, touriga franca e tinta roriz, é o viño básico dos lavradores, está sobre os 7 €, pero que mostra con claridade a complexidade e a diversidade do Douro coas suas tres subrexions, solos e microclimas, orientacions e alturas, exprimindo a arte do lote coa complementación dos distintos viños. Elaborado en aceiro inoxidabel do que so unha parte pasa un tempo en carballo, marca con sencillez o carácter dos viños do Douro coas características que os definen: o xisto, o matorral, as fruitas negras, a violeta, e unha potencia contida no seu paso pola boca.

23/08/08

Os comentarios están pechados.