Maria Bargiela

Esta fin de semana toca a Feira do Viño do Condado e nela a Cata na busca do viño Delicioso, non sei cantos se presentan a tal galardón este ano pero ha ser mui bon o elexido para teren máis fundamentos que o MB 07.

Xa falara deste viño da parroquia de Porto elaborado por Benxamín Miguez hai uns meses, daquela o pracer da degustación fora provocado pola anada do 2006, enton a miña incredulidade era evidente e a solpresa maravillosa, desta vegada co 2007 confirmaronse todas as expectativas e esvaeronse as dúbidas que ficaban. Delicioso é unha verba axeitada para definir este viño.

Descubrese cun panal de cera, cera de abella, acompañado das herbas aromáticas que o rodean, sucedense a continuación o feno e o fento, o fruital pasease polo medio a modo de níspero e lichi, despois destas sucesivas tracas fica no final un ambiente floral de xazmín e madreselva. Logo desta presentación e a máis anterior do seu brillante e pálido amarelo mostrase na boca cun fresco corpo graso integrado por unha incisiva acidez, dalí o fresco, e coma colofón un final amargoso poñendolle o broche a este saboroso equilibrio que enche o padal, dandolle ademáis unha lonxitude extra, onde os demáis chegan …

29/08/08

Os comentarios están pechados.