Lei e Viño
O viño é un pracer para os sentidos e un xeito de disfrutar da vida pero tamén é un medio efectivo para a conservación da nosa saude asi como de previr múltiples doencias.
Efectos positivos do consumo moderado de viño na nosa saude como son os coñecidos efectos cardiovasculares,os relacionados co colesterol e de potenciación dos efectos positivos da dieta mediterránea e atlántica, reducción dos efectos negativos das dietas ricas en graxas, ou a sua incidencia no retraso do envellecemento ademais da sua acción anticancerixena. Viño & Saude . Os resultados dunha metanálise publicada en decembro do 2006 nos Archives of Internal Medicine que agregaba datos de máis de un millón de persoas, integrando os referidos non so a enfemidades cardiovasculares, onde as evidencias son enormes, senón que recopilaba e sistematizaba resultados de 34 estudios sobre homes e mulleres publicados ate 2005, poden resumirse en duas afirmacions:
- O consumo moderado de bebidas alcoólicas mellora as espectativas de lonxevidade das persoas, o excesivo as empiora.
- A abstinencia absoluta é enemiga da saude. As persoas que non beben nen unha pinga de viño viven menos tempo que as que beben con moderación.
A diferenza de sustancias intrinsicamente tóxicas das que unha dose pequena causa pouco dano mentres que unha dose alta causa muito dano, no caso do viño dase a paradoxa de que a moderación no seu consumo é mellor para a saude das persoas que a sua radical abstención. Coma todo aquelo que temos a nosa disposición para consumir o viño tamén é susceptibel de uso virtuoso, embriaguez dos sentidos, ou de uso abusivo, perda dos sentidos, para este último a mellor vacina é a aprendizaxe social da cultura do viño.
E que dicir das razons polas que o viño vai xunguido á historia das civilizacions e á cultura da humanidade, nas que ten sido desde sempre algo máis que unha simples bebida con significados culturais máis profundos: sagrados, místicos, emocionais, …, sendo ó mesmo tempo medio de inspiración e suxeito das diferentes artes; poesia, pintura, música, … O viño ten formado parte da vida cotián dos habitantes do sul de Europa e da cunca do Mediterráneo ao longo da sua historia: ahí están os frescos exipcios que reproducen o pisado da uva, ou as esculturas e pinturas gregas que representan esceas de recolección, imaxenes pompeianas de Dionisios, os mosaicos de épocas varias, retablos góticos, cuadros barrocos, pinturas impresionistas ou cubistas …. Desde a mesma Biblia que o cita en máis de 600 ocasións, o famoso árbore sagrado seria unha vide, ate hoxe mesmo na eucaristia, deberia ser regulada tamén esta función relixiosa.
Toda está relación de bondades (bondade, non mera ausencia de maldade) do consumo moderado de viño ven outra vez a conto das propostas da Conselleria de Sanidade coa sua lei de drogas. Onde os argumentos máis favorabeis a estas políticas son os aportados polos alcólicos rehabilitados, xa non anónimos.
Seguirán coa regulación do enoturismo, nestos momentos que parece querer arrancar un pouco máis en serio, e de toda a bibliografia relacionada coa antopoloxia do viño, coas denominacions de orixen, coa enoloxia, coa viticultura, as revistas, etc.
E máis barata a abolición que a educación. Máis cultura do viño
15/10/08