Moraima
Amarelo pallizo lanzando luminarias de ouro fino, evolución na cor que coa luz natural lle confire unha presenza na copa máis elegante
Aromas que van enchendo e transformandose desde que os deixamos sair. O que máis gañas tiña de voar foi a froita lixeiramente amarela, despois as herbas aromáticas, o fiuncho, a herba ó sol nun xardín con flores brancas detrás dun gran mato de madreselva … un aire trouxo da eira o feno máis quente o rato que tardou o pomelo en volver a refrescar o ambiente.
Moraima é sedosa, grasa no seu punto, golosa, cun amargor que equilibra antes do normal porque non vai o final, este é para un frescor cítrico que deixa un longo recordo saboroso enchido de sensacions golosas e cítricas. Xa na distanza a pavia.
Algo pasa con Moraima que copa após copa descubre novos matices, muller que che leva onde quere, sempre ó mesmo paraiso pero de sesentaenove maneiras distintas.
O albariño dos mil matices ou os mil matices nun viño, une posgusto co seguinte grolo e asi a mestura de recordos multiplicase.
Albariño … Moraima … dicir moraima, beber moraima, coma o seu musical e agarimoso nome04-moraima-xaneiro-197221
Albariño elaborado en Barro por Viña Moraima, S. Cooperativa Galega.
Merqueino sobre os 10 € na viñoteca-taperia que Fernando Filgueira, gran coñecedor e amante dos viños deste País, e máis alá, ten na Praza da Leña en Pontevedra,“Casa Filgueira´´ , boas tapas para uns magníficos viños nun entorno que motiva.
20/10/08
2008-10-20 at 9.10 am
[...] O viticólogo dos bagos [...]
2008-10-20 at 5.29 pm
Esqueces nomear tamén a Adrián (non sei o seu apelido), o socio de Fernando Filgueira no Bagos, con quen tamén sempre é agradábel falar de viños…
2008-10-20 at 7.33 pm
Certo, Adrián non queda atrás, a mesma humildade para idéntica sabedoria.
Deixabao para unha próxima visita máis pausada, o par de veces que polos Bagos pasei foi ó sprint.