Bagos perfectos so poden dar un bo viño. Certamente tamén poden ser estragados na
adega.
Un bago san coa sua axeitada madurez non é gratis, necesitase unha viticultura que prime a calidade e esqueza a productividade, se isto non é doado en zonas coas condicions para a producción en grandes volumes, ainda que a busquen e defendan a posibilidade de alcanzala mediante a viticultura de precisión e o manexo do cannopy (masa foliar), caso contrario ás nosas zonas vitivinícolas calramente deseñadas pola natureza para a excelencia, ademáis producir máis barato sempre haberá quen o faga, en realidade neste mundo vitivinícola a maioria das suas zonas pode producir máis barato e en máis cantidade ca nos. Que sentido ten logo os clons vigorosos, as podas productivas ou os abonos excesivos, evidentemente calquera menos a calidade.
Asi a todo dispoñer dunha viña na terriña propicia: solo, clima, orientación, altura, con castes autóctonas adaptadas a estas condicions e na sua mellor idade pero mal coidadas, ou ben coidadas cuns esplendorosos e prometedores bagos mais recollidos precipitadamente, non no seu estado óptimo, ou sen unha selección na viña e na adega cando as condicions dese ano non foron as mellores, supón estragar as suas posibilidades e non chegar máis alá.
Quen busque a expresión máxima e auténtica dunha terriña ten que esperar ós seus bagos, a que estes acumulen toda a potencialidade dos compostos que fan posibel que no seguinte paso desta busca do máis alá que é o viño este reflicta a terra, o froito e o seu clima, do mesmo xeito que deberiamos espera ó viño diante dunha copa, as prisas fannos perder matices, sensacions, a sua vida en evolución.
Esta formula aplicase cuns factores que aplicados con sentido común, e por suposto coa dose necesaria de creatividade, de arte, so poden dar como resultado viños puros, complexos, con personalidade propia, diferentes, concetración de matices sen adornos, con elegancia, cheos, finos, longos … poderiamos seguir asi con descripcions tan reales e ó mesmo tempo soñar e imaxinar outras máis alá …
Pero tampouco estamos descubrindo nada novo, nada que non tuvera acontecido noutras condicions e xeografias, o que por elas fixeron ainda esta fresco na memoria, poucos anos pasaron desde que o Priorat, Toro ou o Bierzo eran calificados de rústicos, granelísticos e outros adxectivos descalificativos á velos convertidos en zonas máis que emerxentes xa consolidadas, ademáis das que tentan seguir os seus pasos coma Jumilla e outras varias. Partian dunha viticultura mal enfocada, desaproveitando as posibilidades que ofrecian as suas terras e castes para a elaboración de viños de calidade con identidade propia, irreproducibel noutros viñedos. O final do camiño a conclusión ven sendo a mesma, a ecuación que nunca falla: variedades autóctonas e viticultura que busque, en todas as suas labouras e ciclos, o mellor bago posibel, simplemente.
Venme a mente a “sabia´´ decisión dos técnicos de turno do Consello regulador da D.O. Ribeira Sacra de fomentar a prantación de tempranillo, feito máis relacionado coa búsqueda do impacto comercial pola sona desta variedade que coa mellora da calidade, so tiñan que mirar un chisco máis abaixo, en Monterrei, onde esta caste, arauxa, si que ten arraigo pero que nin tan sequera aqui orixina os mellores viños.
Lévedos que garanten un gusto uniforme anada após anada, imposición clonal que destrua a diversidade, que diferencia ten esto coas industrias alimentares de encefalograma plano, ou capacidade cero para sorprender e namorar, monotonia continua e permanente. Este auténtico traballo de I+D+i deberia estar na selección de cepas, como se podan e fertilizan, adaptadas a estructura física e ó mesoclima de cada viñedo.
Claro que reducindo a producción aumentarán os prezos, e deseguro que dalguns destes viños so coñeceremos o que veamos en fotos ou o que leamos, que o seu pequeno número de botellas so dará para que uns poucos disfruten del, pero esta pequenisima minoria fai de altofalante, de foco de atracción e de imitación. De todos os xeitos nestas alturas o mercado e a cultura enolóxica do consumidor xa empezan a estar entrenados para asumir estos cambios, porque resulta evidente que supón un maior disfrute e gozo para os sentidos e o espirito, ademáis do progreso económico para as suas xentes e de reputación e sona para unha zona.
O inasumibel é que cos nosos mimbres o que domine sexa a elaboración dun producto común e masificado, sen dexesos de chegaren máis alá.
no num.1333 de A Nosa Terra