Cantábricos
Duas versions de viños cantábricos, un coas características de seu e outro ó que se lle pegou o acento do lugar no que viviu un tempo. O primeiro, o Pesgos astur, acontece no límite da fraxilidade, un ser ó borde dun cambio de sexo, un viño no que a sede disfrazase entre o fácil beber e os recordos que nos vai deixando entre grolo e grolo, a concentración que outras dan nunha e única copa, por saturación instantanea, o Pesgos deixase sobar e querer-beber. Do segundo viño, o do síndrome de Estocolmo, non sei o que esperaba, seguramente calquera cousa menos o que os meus sentidos viron, uliron e degustaron. Este Picos roble non parece da mesma familia que o seu irmán máis xoven, ou sen carballo, con este xa tuvera contactos no 2006 e neste ano por duas ocasions. A primeira fora no seu lar, en Potes, no mes de setembro, no que tivo que asumir a responsabilidade de acompañar o cocido lebaniego que nos prepararon para que uns cantos montañeiros galegos, non puderon asistir todos, celebraramos o 25 aniversario de varias ascensions memorabeis para o noso disfrute e recordo, como a que seguramente foi o record, fora o ano 83, da ascensión con menor edade da Rabadá-Navarro, mítica via da oeste do Naranjo de Bulnes, daquela estos amigos: Antonio, Pepito, Llargu e Chepilla, que saen nesta foto do albúm de LLargu antes de coller o tren na estación de Vigo tiñan 17 anos.
o resto do grupo andabamos divididos entre varias cumes do macizo central e o espolon dos franceses no Peña Vieja.
O cocido foi magnífico, sobre todo despois dun dia pateando entre rochas, ainda que nestas alturas e despois de levar xa un par do noso cocido enriba non o boto de menos, e espléndido o Picos xoven do 2007, na mesma sigularidade que o gozado daquela co 2006 Picos 06
Pesgos 2006 elaborado por Bodegas del Narcea con mencia, verdejo tinto, albarin negro e carrasquin. O seu enólogo é o tudense Manuel Areal que tamén asesora a un feixe de adegas en diferentes zonas: Vinhos Verdes, Valpaços, Douro, etc.
Rubí case transparente con baias silvestres que parecen intensas, ameixa, florciñas, balsámico fino, finas ervas con aromas, fino mineral. Absolutamente ou radicalmente fresco e silvestre no nariz, despois sutilidades varias ate o infinitesimal. Boca transparente, equilibrio levitante. Antes de que calquer atrevido emita algunha sentenza sobre a sua fraxilidade deberia abrir os sentidos, adaptarse e ter en conta que é un viño para beber, se hai sede baixará non como a seda pero si como auga fresca de regato “cargada´´con recordos dunha mañanciña campestre co son da auga, os matos de baias, as flores adormiladas, todos esperando que as raiolas do sol nos fagan despertar os aromas.
Picos roble 2006 elaborado pola Compañia Lebaniega de vinos y licores en Cabarieza, Cabezón de Liébana, con Mencia das cepas máis vellas.
Presentase con diversos aspectos do carballo, fino e sen estridencias, pero madeira, coma un nubarrón que non deixa disfrutar dos cumios destos picos, ou unha densa neboa que vai cubrino o val, coa que me perdo e non sei onde estou, a cegas non me situaria nas suas praderias regadas polos limpos regatos que baixan dos altos macizos. O seu gusto é redondo, cremoso, con especias e fruita madura.



