Un ano

Este caderno dos bagos acaba de cumprir un ano. A intención era escribir sobre viños e algunha cousa máis polo medio, e alonxarse do aburrimento que provocan certos mundos que rodean ao viño. Había anos que tentaba fuxir da expresión – descripción dun viño, sobre todo dos que van máis alá, coma unha fria e protocolaria sucesión de descriptores. Un descriptor ríxido, contrariamente ao que din, impide o diálogo e compartir experiencias, sen embargo hai expresións menos ríxidas e máis evocadoras que son máis doadas de partillar. o viticólogo-viticulturista (vigneron en Portugal) dos bagos ven pola devoción polos bagos e as súas viñas.

Entendo un caderno coma este máis coa sencillez dunha folla enrugada e agarabateada que coma o que recoñezo debería ser: un medio cargado de ofertas visuais, posibilidades de enlaces e lecturas múltiples, contadores de non sei que álxebras lineais e espaciais, profusión de contidos no que o que se escriba, verbum, sexa o de menos, coma certos marketings visuais deseñados para que o viño entre polos ollos cos demáis sentidos adormilados ou suxestionados pola densidade de informacións alleas a súa verdadeira alma.

A idea non era lanzar á rede unha ringleira de viños provados e muito menos puntualos, de feito non creo nos puntos e como nunca lles fixen moito caso non iba a caer agora. O que realmente me interesa é a emoción que un viño provoca-orixina-fai surdir, todo o que se atopa entre ese final e os bagos e a sua terriña, orixen de toda esta historia, interesame menos.

Experimentar sobre o que un viño reflicte e sobre a forma de expresalo… de onde ven, onde están inseridas as súas raigames, os bagos que lle aportan a súa esencia, como miran pasar o sol, que vida natural comparte a súa existencia, que xeografia lles acompaña diariamente, que persoa pisa o seu solo estación tras estación.

Se dou chegado a todo elo, se os meus sentidos son capaces de dar coa chave que abra o seu mundo e conectalo co dos meus recordos e desexos, e soñar outros mundos, tería chegado daquela, co viño, máis alá.

Graciñas aos que algunha vez tedes pasado por estas liñas!!

ate que os bagos sigan rematando en zume fermentado

foto de vinography

2/12/08

8 ResponsesUn ano to “”

  1. Gracias a ti por sentir o viño.

  2. Boa colleita.

  3. Pois penso que o traballo de viticultor que estás a facer nestes primeiros meses, coidando os primeiros gromos e dándolles o enfoque que che interesa, está xa a dar grandes froitos. Moitos dos que pasan por aquí terán perspectivas máis autorizadas, pero para os que coma min somos aprendices na materia este primeiro ano foi realmente interesante.

    Parabéns e a pola colleita do 2009.

  4. A miña noraboa, e que lle sigan moitas máis colleitas…

    Unha aperta…

  5. Gracias pola vosa seiva, calor e luz para estes bagos.

  6. Noraboa… un ano e xa unha referencia neste mundo!
    Vémonos

  7. Felicitacións por un ano de tanta boa letra xunta, facendo poemas co que escribes.

  8. Éstas son no mis asombrosamente más, sino gracias.