Alvaro Castro

O rasto de homes que se metarfosean cun lugar, que se extenden polas suas raigames, que pululan a certa altura oteando a evolución dos seus elementos, controlando coma en carne propia a influencia de calquera factor que extraia todavia máis as esencias da terriña, e que ademáis deixe en libertade o seu instinto creador, sensación libertaria de ir un paso por diante da propia natureza do teu lar, nunha especie de sprint que tenta adiantarse aos acontecimentos, estado o que so chegan alguns e despois de sufrir unha especie de simbiose co entorno. E todo desde a simplicidade máis transparente, alonxada de malabarismos estéticos ou filosóficos. Homens que probavelmente fan de chispa activadora, estimuladora de novos camiños nunha zona. Por exemplo Alvaro Castro, no Dao.

Aos pés da Serra da Estrela, Parque Nacional, entre Gouveia e Seia está Pinhanços, neses contornos atopanse as Quintas de Saes e da Pellada, con 35 ha. de viñedo a 400 m. en solos graníticos e arxilo-calcáreos coas castes tradicionais do Dao: Touriga Nacional, alí tourigo, Jaen, para muitos a Mencia da Gallaecia, Tinta Roriz, Alfrocheiro preto, Tinta Pinheira e Negro Mouro (camarate), todas tintas e nas brancas a especial e emblemática Encruzado e a Bical ou Borrado das Moscas. Pellada, Saes e Passrela

Para él, coma para os máis lúcidos, o máis importante son os bagos, por iso leo que non ten obsesión cos graos alcoólicos, coas temperaturas, ou coa marca de barricas, de feito estas son mercadas a toneleirias portuguesas empregando madeiras francesas e americanas.

Desde o xa mítico Quinta da Pellada Touriga Nacional 100% do 1996, do que se embotellaron so 1000 botellas e que foi un éxito de críticas, ao actual Carrocel, un dos estandartes do Dao, pasando polo Pape, nome que ven de Passarela e Pellada, viñas das que sae este viño, ou o Dado fruito dunha parceria con Dirk Nieport no que mesturan procedencias de bagos, Dao e Douro. En calquera deles a pegada do seu autor e destas terriñas.

Quinta de Saes 2002 Estagio Prolongado

Elaborado con touriga nacional, alfrocheiro preto, jaen e tina roriz que ten pasado, en vez dos habituais 8 meses de crianza nos seus viños, 14, de ahí o de estagio prolongado. Non me acordo con exactitude do seu prezo, o máis seguro é que estuvera entre 11 e 15€.

Aparece cunha vestimenta outonal, deseguido presentase máis primaveral a modo dun sendeiro aromático que atravesara un bosque atlántico, balsámico e lixeiramente resinoso, entre ervas con aromas e fruitos negros arrastrando un fondo de cacao e leves torrados. O verán atlántico, agarimoso e saboroso, coa suavidade do sol e o frescor aceánico, aparece cando unha densidade flotante nos surca a boca deixando o seu rasto sen agarrarse, con fluidez, cun porte elegante que desde a sua entrada ate o final se fai denotar sen resultar pesado.

6/12/08

4 ResponsesAlvaro Castro to “”

  1. 🙂

    sugiro-te este >

    [img src=”http://media1.youshare.com/Guest/c21e6b5df0ec44dc.jpg” width=400]

  2. desde ja começo a sua busca

  3. […] Alvaro Castro é un viticologo que vai máis alá, non hai dúbida, da igual con que vinho, algo tocache na pel para erizala, algunha imaxen ou un pensamento, un aroma ou a luz da sua cor, e sobre todos eles o recordo que deixa en nos. Os aburridos sentidos son despertados tras dias de letargo, adormilados pola sucesión de xornadas outonais entre viños que non son que de arrancar do lapiceiro catro verbas seguidas cun mínimo de emoción, por non caer nos manidos adxectivos, na sucesión soponífera de descriptores que me levan a encher os copos deambulando entre pintas, rones e demais augas de vida. […]

  4. […] Por Alvaro Castro da Quinta de Saes, no pé da Serra da Estrela a 400 m. con solos graníticos e calcáreos, o Tourigo Nacional con Jaen, Alfrocheiro Preto e Tinta Pinheira da magnífica anada no Dao de 1996. Noutra ocasión por este caderno co máis noviño Saes […]