Castro de Limés

O Castro de Limes é un viño adicado ao carrasquin, á sua memoria e sobre todo ao seu futuro, creación da factoria ou obrador de David MarcosBodegas e Viñedos Obanca

que ten coma obxectivo recuperar a viticultura desta bisbarra e levala máis alá, unha mostra delo son as 2000 botellas deste viño, única expresión do Carrasquin en solitario, tamén o é ter como asesores a Luis Buitrón, enólogo entre outras adegas de Guímaro, e á experimentación viticola en persoa como é Raúl Perez.

O Carrasquin é unha das variedades propias do viñedo das beiras do Narcea, nas estribacions da vertente astur da cordilleira Cantábrica ou o que é o mesmo viticultura de alta montaña na zona con menor pluviometria e máis horas de sol de Asturies.

Expresa unha paisaxe silvestre salpicada dos fruitiños máis frescos da campiña e das flores máis suaves co chan cuberto de herbas balsámicas i especias finas, despois do sol deixarse notar no ambiente aparecen os aromas máis doces e quentes, so un chisco, da retama e o seu mato e da fruita doce en licor envolta en pao de regaliz, o tempo trouxo unha profunda veta minero-medicinal.

O seu gusto é fresco, entre os cítricos e as fruitas ácedas, cun amargor goloso intensamente frutal con todas as baias do campo no final. Antes deixou un tacto suave e redondo, sedosidade que non anestesia á sáliva, a estimula.

Viño cun carácter mui personal, diferente e atractivo, dificilmente clasificabel, cunha aromática adornada de fruitiños, flores, sotobosque e unha pincelada mineral no final.

2 ResponsesCastro de Limés to “”

  1. […] Obanca, nas terras do viño de Cangas de Narcea. Elaboradores tamén do monovarietal de carrasquin Castro de Limés, daquela descrito con máis […]

  2. […] que todos os viños desta zona asturiana, coma os referidos neste caderno:  Obanca, Castro de Limes e Muriella, mais coma este ningún, non me é paresido ós […]