Archive for Xaneiro, 2009

betes du vin

A Asociación Galega de Sumilleres agasu ven de renovar a sua directiva, despois de catro anos presidida por Xoan Cannas, sumiller e propietario do restaurante Pepe Vieira, agora o relevo é pasado a David Barco, varias veces campión galego de Sumilleres e sumiller do restaurante do Clube Financieiro de Vigo. Despois dunha década baixo a batuta de Alfredo Avarez […]

Casal de Armán tinto

Antes de seguir polo Mediteráneo co seguinte capítulo, e aproveitando a cata semanal da sección A Viñoteca do periódico “A Nosa Terra” que hoxe visita os quiosques, volvo ó atlántico con este Ribeiro nela referido e, namentras recupero as impresions que hai dias traducia nunhas liñas e ocupa a copa un tinto do Dao da Casa do Santar (6 €), penso que os […]

Catalans I

Na esquiña oposta a esta atlántica está a mediterránea dos pedazos de chan catalans, eles máis preto de todo nos coa mirada no solpor esperando sempre un máis alá ou nada e todo, coma nos deixou Manuel Antonio no “De catro a catro” Coas nosas mans suicidas espallaremos no carrousel cos ventos as catro puntos […]

Wine & Music

A miudo falase de acercar o viño e a sua cultura á mocidade asi a todo poucos pasos se deron e poucos os dan, por iso sorprende a iniciativa da ribereña Bodegas Neo que, englobado no seu proxecto Mondoneo comeza hoxe unha xira por varias cidades baixo o nome Wine& Music Experience que conxuga viño […]

Alanda

Hai consumidores habituais de brancos galegos, alguns que pasan por coñecedores, que non lles treme o pulso e non se ruborizan ó afirmar que os brancos de por eiqui non duran no tempo, ou sobrecollidos pola moda riesling afirman con toda a fachenda do mundo e cunha tremenda visión de futuro que por exemplo o […]

Bagos

Onte foi a Gala da Hostaleria e o Turismo de Galicia organizada polo periódico Hostaleria Galega, Turismo e Gastronomia e a AGAXET, no apartado de productos foron premiados o fato de viños galegos das adegas: Forjas del Salnés. Quinta da Muradella, Guímaro e Algueira, cun nexo entre eles chamado Raúl Perez. Premio merecido non polo feito de seren superpuntuados […]

Vino de Piedra

Outra vez Yuri Bilbatua establece a conexión mexicana e abreme aos sentidos un viño da Baja California, nesta ocasión o Vino de Piedra 2006 de Viticultores Casa de Piedra no Valle de Guadalupe, Ensenada, unha mestura de cabernet sauvignon e tempranillo con 14 meses de madeira, 13.6º. O nariz sorprende por un impacto que descoloca e fai […]

El Rocallís

Deixome guiar, non busco nada, se me propón un paseo irei onde me diga, non pensarei en nada nin nada direi, so escoitarei e a memoria buscará paisaxes entre todas as sensacions que os sentidos recollan, se a proposta é unha viaxe máis longa non me importará, teño tempo, o pensamento desocupado e una copa libre durante […]

doUmia

Presentase desde o lugar de Godos onde Francisco Alfonso o elabora á maneira tradicional e sen filtrar cos bagos de espadeiro e caiño, que aos poucos van collendo o protagonismo deste viño despois duns comenzos dominados pola mencia e o merlot, que estaria pensando este home daquela? Fai falta muita imaxinación para, por exemplo, pensar nunha persoa volvendose tola […]