Bagos

Onte foi a Gala da Hostaleria e o Turismo de Galicia organizada polo periódico Hostaleria Galega, Turismo e Gastronomia e a AGAXET, no apartado de productos foron premiados o fato de viños galegos das adegas: Forjas del Salnés. Quinta da Muradella, Guímaro e Algueira, cun nexo entre eles chamado Raúl Perez. Premio merecido non polo feito de seren superpuntuados na guia do gurú, que no seu caso ten un plus coas outras guias por ahí andantes, senón polo feito de actuar como lévedo natural a provocar no resto dos depósitos mentais das suas respectivas denominacions ferveduras neuronais que darán orixen a unha cohorte de viños, alguns simples imitacions, se tal fora posibel, outros coas suas características personais, pero en definitiva un bulir necesario e esperanzador para os tintos galegos e as suas castes.

Botei de menos na conducción do evento a Soledad Felloza ainda que Fulano, Mengano e Citano, ou algo asi, tamén teñen a sua chispa.

Despois da Gala rematamos un grupiño da agasu na viñoteca Bagos de Fernando e Adrian situada no casco vello de Pontevedra, por ali tamén estaban celebrando un recoñecemento máis, ou ben podia ser unha especie de comite central da vangarda vitivinícola galega, Rafael Palacios, Luis Buitrón, Rodrigo Mendez, Xose Lois Mateo, Raúl Perez e Miguel de Maria fechoria entre outros. Nos pusemonos nas mans de Fernando e Adrian que nos propuseron empezar por un Borgoña: o Santenay Vieilles Vignes 2006 do Domaine Paul Pillot, desta apellation comunale da Cote de Beaune co que nos serviu un queixo Suizo con toques especiados e un extremeño de cabuxa. Proposta que supón, desde un rubí brillante e lixeiro, un recorrido aromático suave que recorda unha pasaxe tranquila, a modo, entre un bosque coas suas follas húmidas e a madeira co perfume sutil das flores e a nítida fruita vermella que o aire trae de lonxe, pola boca esta pasaxe volve a ser suave e fresca co mullido do pisar follas e a intensidade nun final de fruitas vermellas limpas e frescas.

As mulleres do grupo pediron un pouco máis de garra para acompañar a cecina e demáis petiscos da familia. Con este desexo entrou nas copas, após decantación, o picota co granate o seu redor do Quinta das Bageiras Reserva 2005, bairradino cargado de Baga nun 60% e Touriga Nacional no 40 restante que se extende por 6950 botellas resultado dunha fermentación en lagares abertos sen desengace. Entra co balsámico dun bosque atlántico, primeiro asi como con eucaliptos e logo cos piñeiros, segue co frutal da ameixa e outras fruitas negras, asomando as veces un toque floral que so pode ser azul, e remata cos torrados e as herbas aromáticas. A boca pide tempo e lentitude polo tanino vivo e amargoso da fruita.

foto do blog o puto (bebe)

Deixa unha resposta