A Asociación Galega de Sumilleres agasu ven de renovar a sua directiva, despois de catro anos presidida por Xoan Cannas, sumiller e propietario do restaurante Pepe Vieira, agora o relevo é pasado a David Barco, varias veces campión galego de Sumilleres e sumiller do restaurante do Clube Financieiro de Vigo.
Despois dunha década baixo a batuta de Alfredo Avarez que foi alma mater, creador e impulsor da asociación e da sumilleiria en Galiza ademáis de formador dun bo feixe de profesionais e do impulso e modernización nas concepcións do mundo do viño que Xoan Cannas foi introducindo nas suas actividades, tocalle a David consolidar e expandir a acción da asociación a máis profesionais e achegados ao mundoviño, asi coma conquerir de quen corresponda, dunha vez por todas, a formación demandada polo sector, xa que en Galiza, noutras zonas levan anos disfrutando dela, as escasas escolas de hostaleria privadas ou públicas, empezando polo todopoderoso C.S.H.G. e seguindo polos ciclos formativos de FP nas diferentes ramas relacionas coa hostaleria ou a restauración, descoñecen ou ignoran os contidos que o profesional que se atopa entre o viticultor – elaborador e o consumidor deberia dominar:
actualizada cultura vitivinícola (Historia, Xeografía, Viticultura, Enoloxía, Análise sensorial, Viño e Saude, Servizo, Maridaxes e armonias, Linguaxes da cata), e que, antes de todo, debe proporcionar pracer, porque o viño ademáis de ser un alimento e unha fonte de beneficios saludabeis é un vehículo de comunicación e comunión entre os homes e inspirador de conversas e achegamentos.
e cando algo desto consideran as carencias son tan evidentes que un alumno que teña rematado alguns destos ciclos formativos en calquer tipo de escola ou centro educativo necesita, non lle queda outra, unha especialización posterior, inexistente, para poder desenvolverse axeitadamente cun mínimo de profesionalidade nesta arte, tendo en conta ademáis que o redor do 30% dos beneficios dun establecemento de hostaleria son debidos ao viño, que un considerabel % da factura que o cliente abona é orixinada polo viño, ou que seis de cada dez viños ( o 60 % !!) son prescritos polo resturador – vendedor, baseados en que?, en frases feitas ou prexuizos, ou en “es muy rico”, cando non no que lle soltou o distribuidor de turno e demáis intermediarios comerciais, que pola sua banda formaronse … onde?


Comments (3)
Concordo contigo en que as xentes que saen das escolas deben actualizarse constantemente, mas tamén os que son das directivas das asociacións. Por outra banda coa chegada a asociación dun que traballa no clube ese as probabilidades de expresarmos en galego na devandita asociación son cero. Aínda que por suposto, sorte o David
O pior para unha asociación, federación ou ente semellante é que chirrie por anquilosamento.
O seguinte temor non ten sentido.
Un saudo e nos veremos
O do anquilosamento adepende do ollar de cadaquén. Senón fixate nos Castro, tanto Pepe coma Fidel, seguen a ser exemplos para muita xente de olladas completamente distintas, ou nen tanto. Un saudo