Archive for Febreiro, 2009

Barcelona/Alemanys/Fórum

Barcelona é unha cidade agradavel, cómoda, fácil de patear, activa pero non estresante, con ese aire mediterráneo que se nota limpo de prexuizos e de tantas caralladas que outros aires nos fan chegar. A maiores dos grandes atractivos que ten, que fan de catro dias unha simples incursión que demanda outra volta, os que en cada […]

Terriña

Cru, climax, terriña, pago, terruño. Magnífica conxunción ou simbiose maravillosa dun clima determinado para un viñedo concreto, unha alianza entre aire, terra e cepa. Esta simbiose é fruito de máis de mil anos nos paises europeos. A calidade dun viño ven determinada pola calidade da materia prima empregada: o bago de uva dunha caste determinada. […]

Unha guia

Acercarse a Portugal, non se sae porque non se entra, é abrir unha fiestra para asomarmonos a nosa sombra prolongandose cara o sul pola liña da costa. Pero as fronteiras políticas poden coas físicas, culturais ou coa natureza das cousas todas, por iso podemos falar, catar ou escribir liñas reiteradamente sobre viños que seguindo unha orden “natural” […]

Régoa

Non hai muito seria correcto empezar falando deste Régoa da anada do 2006 dicindo que é un Amandi e seguir co resto das suas características, pero no tempo que andamos ou estamos a piques de arrancar, tempo polo que discurren os viños das zonas máis importantes do mundo, aos que se sumarán os galegos case […]

Natural

Ha vinhos que son puro xugo de bagos de caste e de casta, sen clonacions nen posteriores operacions de ciruxia que enmascaren a sua autenticidade, como as outras facilmente identificabeis e que ademáis aumentan os desexos do máis natural, da inxesta suave ou treboenta como vibrante manancial ou coma onda rompedora, fervenza de voluptuosas sensacions no padal, da […]

As outras Valdeorras

Transitando entre A Rua – Petin e as Terras de Trives, despois de deixaren nas costas o Sil e a esquerda a via que na senda do sur atravesa as viñas acomodadas plácidamente na Portela de Portomouriscos e as primeiras costas que desde Outar de Pregos nos fan ir gañando altura para situarmonos no pequeno […]

II catalans

Na xuntanza de viños catalans para viaxar e disfrutar entre a xeografia tan diversa destos pedazos de chan, establecese unha orde que inevitabelmente leva aos priorats o final e aos viños do Penedés o principio, polo medio e en cada ocasión ocupando diferentes posicions pero normalmente máis cerca do final os de Montsant e os do […]