II catalans

Na xuntanza de viños catalans para viaxar e disfrutar entre a xeografia tan diversa destos pedazos de chan, establecese unha orde que inevitabelmente leva aos priorats o final e aos viños do Penedés o principio, polo medio e en cada ocasión ocupando diferentes posicions pero normalmente máis cerca do final os de Montsant e os do Empordá e máis cara os postos de saida os de Pla de Bages, Costers del Segre ou da Conca de Barberá, esto desde a pouca experiencia que teño con eles e sempre obviamente despois de sopesar anadas, elaborador-elaboracions, grao alcoólico e demais parámetros comparativos entre os diferentes vehículos grazas aos que esta viaxe foi posibel. Esta explicación ven a conto porque situara no arranque desta viaxe ao Mas Irene 2003 do Penedes e varios postos despois ao La Garrida 2005 do Empordá, estratexia que resultou non ser a máis axeitada pese a que todo indicaba tal orden polo experimentado con viños de ambas denominación de orixe, pola cabernet franc no Mas Irene e sen ter en conta a Samsó de La Garriga que descoñecia, asi a todo fixose a viaxe e houbo ledicia por elo. Eles dous foron despois do Venus os que máis contribuiron á ledicia nesta historia pracenteira entre aromas e gustos mediterráneos, e como non a mirada azul de Susana servindo os viños que foi como a lua chea ante un viño biodinámico. Mas Irene deu corpo, e nunca mellor dito, cos seus 14´5º de cabernet franc e merlot de viticultura orgánica e 13 meses de crianza, a un paso de boca denso e lento con efecto de arrastre do taninagem maduro, deixando aires de vintage no apos gusto, no antegusto máis que vintage os recordos foron os das herbas aromáticas en orujo rodeadas da golosidade da marmelada de fruitas vermellas e do regaliz, e na copa os posos. La Garriga tivo o atractivo das fruitas limpas, dos matices florais e das especias doces cos sinais do carballo da outra banda do atlántico que volveron a aparecer na boca despois dun gusto equilibrado e saboroso. En Viticultors Mas d´en Gil, Bellmunt del Priorat, teñen coma desexo “embotellar a terra” neste Coma Vella 2004 con c. s., garnacha, garnacha peluda, cariñena e syrah e 12 meses de crianza chegan a mesturar a frutalidade e a mineralidade con garra e lonxitude. Detrás deles o reserva do 2005 3.9 Abadal de Pla de Bages presentouse con muitos dos matices que asocian a un viño co cabernet sauvignon coma o casis, a violeta, despois a madeira cun porte estructurado de tanino marcado. O Cérvoles 2005 de Tomás Cusiné, Costers del Segre, equilibrado, con algún toque de mazapán no nariz e de toffe na boca, pero falto de algo. Volveremos por esas terras.

2 ResponsesII catalans to “”

  1. Sígome quedando cos mesmos: Abadal, Cérvoles (aínda que esté falto de algo) sin esquecerse do Venus claro está.

    Xa sabes………..”Cuestión de gustos”

    P.D. Vas levar…….

  2. Hedra, os gustos sonche particulares … pero introducidos na copa desa maneira, uhm! ate ao Cérvoles sobranlle atributos.

    P.D. Quero levar …