Natural

Ha vinhos que son puro xugo de bagos de caste e de casta, sen clonacions nen posteriores operacions de ciruxia que enmascaren a sua autenticidade, como as outras facilmente identificabeis e que ademáis aumentan os desexos do máis natural, da inxesta suave ou treboenta como vibrante manancial ou coma onda rompedora, fervenza de voluptuosas sensacions no padal, da terra e do seu solo, da vida iluminada por un sol resplandecente, regulada pola lua e as estacions, moldeada e alimentada pola chuva, as xeadas, o vento …

Ha vinhos que son puro goce de sensacions, vehículo de ensoñacions, evocacions de recordos ou de desexos, non creados para ser pontuados nen descritos en frias fichas de cata nen clasificados en guias mercantiles

Ha vinhos que merecen o desate emocional e verbal, a conversa pracenteira, o abismarse na dita do pracer, na inconsciencia do …   para cando desatemos os impulsos e as achegas se multipliquen, cando os roces e máis logo as caricias nos liberen de desexos e soños … daquela un copo de vinho manchado, umha garrafa valeira e umha cortiça perforada o carón dos restos do que nos separaba

Na sua busca nos atopamos, no máis alá que se acerca con confianza.. afinando os sentidos na procura do lugar, real ou imaxinario, onde o viño é quen de levarnos, namentras imaxinamos e retornamos ás paisaxes, aos escenarios naturais, coas fruitas todas no seu camiño de simples baias ate que se concentran en si mesmas, con tantas cores coma as flores, os verdes de mil tonalidades, do frescor máis brillante ate ficar apagado baixo un sol impenitente, a campiña, os campos secos, a horta, os matos, o bosque atlántico, o mediterráneo, un oasis ou un verxel, as rochas, as rias, os mares do sul ou do norte, o frescor das caras norte e a melosidade e dozura do sul e dos seus climas.

fotos de viñas de vinography

4 ResponsesNatural to “”

  1. Sería bó sentir todo o que describes cun copo de viño na man, fermoso; mas sinto co mundo do viño é, máis cada día, só negocio, onde eu polo menos síntome sen espazo. Saúdos

  2. A estas horas imtempestivas………….(as miñas…………..xa sabes)
    E tomando unha de esas bebidas que a ti tanto che gustan………………tan so podo dicir………………..

    Que estabas errado aquel día que me dixeche que o teu mellor escrito era o primeiro……………………….E ÉSTE.

    ¡¡¡¡¡¡¡¡¡ALUCINATNTE!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Imposible de ler unha soa vez.

    Noraboa!!!!!!!!!!!!!!!!

    P.D. ¡Eses Red bulls fan estragos na tua cabeza!

  3. Son reds máis naturais e saborosos.
    Escoitei a chamada. Gracias por todo

  4. […] por iso teimamos co noso ínfimo bago miudo, insignificante graiciño de area, levala cara o lado Natural que nos emociona. Por iso defenderemos os viños máis naturais, para potenciar o non […]