Unha guia

Acercarse a Portugal, non se sae porque non se entra, é abrir unha fiestra para asomarmonos a nosa sombra prolongandose cara o sul pola liña da costa. Pero as fronteiras políticas poden coas físicas, culturais ou coa natureza das cousas todas, por iso podemos falar, catar ou escribir liñas reiteradamente sobre viños que seguindo unha orden “natural” ou lóxica non darian para tanto. Como parece complicado que os distribuidores e detrás deles a masa consumidora presten atención, de momento, aos viños portugueses, unha parte deles infectados de variedades tamén galegas, seguiremos, grazas a aqueles, inundando as copas cos viños das zonas de moda no centro, esas que o gurú sinalou como de futuro, non porque sexan excelsos, nen por unha gran relación calidade-prezo, non, é pola simples relación comercial Nacional que como bos súdbitos acabamos acatando-bebendo.

Existe unha guia recomendabel, da que falar e citar de cando en vez, cousa pouco común neste lado da fronteira política, que ademais facilita o coñecemento dos viños de Portugal:

O autor desta guia é Rui Falcao, crítico de viños ameno, didáctico e mui atinado que ademais, coincidindo co arranque do ano, saiu á blogosfera co seu propio site, para coñecer o máis próximo

3 ResponsesUnha guia to “”

  1. Penso que de norte cara o sul, mas tambén do sul cara o norte da raia seguemos a vivir de costa viradas. Non só é un problema galego senón tambén portugués, par eles só somos Espanha, o merecemos

  2. E que pasan os anos e a cousa máis natural do mundo é atopar jumillas ou manchas por aqui, sei de carrerilla os viños dalgun famoso importador, e xa non digo Douros ou Daos, a escasos 150 km, e que non dou atopado a maioria dos Valdeorras ou Monterreis en Vigo !!.

  3. Búscochos eu.

    Xa mirarás si atopo.Coma todo…..sei quen os vende.

    P.D.¡Con tanto café….xa non miras nada!