Terriña

Cru, climax, terriña, pago, terruño. Magnífica conxunción ou simbiose maravillosa dun clima determinado para un viñedo concreto, unha alianza entre aire, terra e cepa. Esta simbiose é fruito de máis de mil anos nos paises europeos.

A calidade dun viño ven determinada pola calidade da materia prima empregada: o bago de uva dunha caste determinada. Os factores que afectan ó desenrolo dese bago son variados, entre outros o lugar de ubicación do viñedo e todo o que elo conleva, coma o tipo de solo e o efecto do mesmo sobre a disponibilidade hídrica e nutricional, o clima da zona e o seu efecto térmico e lumínico, que a sua vez afecta á floración e ó desenrolo do bago, á síntese de azucres e, a parties destos, de ácidos e metabolitos responsabeis da cor, dos aromas e do seu corpo. Pero un bago san cunha axeitada relación azucre- ácidos e ben dotado dos compostos máis nobles (polifenois e aromas) convertese en excepcional se reflexa a terriña da que provén, e para iso esta ten que aportar o seu sinal de identidade. Grazas á terriña os viños adquiren a sua auténtica personalidade.

A terriña seria logo o diálogo que existe, cando existe, entre a cepa, o solo, a natureza e o home. Xa Plinio o Vello afirmaba que para a calidade do viño o que importaba era o tipo de terreo e a sua ubicación e non (so) a variedade. De feito os mellores ou os máis grandes viños do mundo son viños de terroir. As veces cando se fala de tipicidade faise pensando en personalidade ou terroir cando o que se esconde ou se presenta é uniformidade ou mediocridade.

En cada viñedo existen unhas condicions xeográficas: a latitude, a altitude e a orientación que xunto ás temperatures, a chuva e o sol, determinan as condicions climáticas, pero ademais outros factores que configuran o terreo coma os ventos dominantes, a proximidade a relevos montañosos, a rios, mares, etc, definen o microclima que afecta ó viñedo, a cada cepa e ás características de cada colleita. Na calidade dos viños estas condicions son decisivas como tamén o é a sua interrelación e a sua sucesión dia a dia que condicionarán a fotosíntese, a formación de taninos e de materia colorante, de esencias,… As temperaturas máximas diurnas, asi como a diferenza entre estas e as nocturnas influirán sobre a riqueza colorante e a composición aromática.

A natureza da terra nai e o tipo de solo marca o estilo dos viños: greníticos, calcáreos, arxilosos, ferrosos, xistosos, pedregosos, solos aluviais, margas, areniscas, volcánicos, cantos rodados, gravas, albarizas, etc. En cada un deles a cepa comportase de xeito diferente. 

A paisaxe do terreo ven definida pola porcentaxe de pedras, pola sua profundidade, a textura dominante, a calidade de drenaxe, a luminosidade do sol, o seu relevo e morfoloxia, as asociacions vexetais, a superficie de rochas, a forma da viña,… Por iso cando falamos de terroir-terriña estamos pensando na pegada do solo: a sua composición e os organismos vivos que viven no seu interior, e a pegada do ambiente ou do que pasa na superficie: clima, orientación, a paisaxe, ventos,…

Asi a todo o que lle da algo máis a unha terriña é a sua relación co Home, pola sua cultura e creatividade, pola sua relación ó longo da historia labrada por xeneracions de viticultores, e polo que se escapa ás leis físicas … esto tamén. Porque ademáis de poder considerarse unha creación persoal, de autor, por suposto é unha creación da natureza, unha sorte de conxunción telúrica entre o solo (raigames da cepa) o microclima da cepa (paisaxe do terreo) e o cosmos (teito baixo o que crece e se desenrola a cepa). Exemplos hai nos viños de Ermitas varias, calvarios, …

vinhas

2 ResponsesTerriña to “”

  1. ¡¡¡¡¡¡¡Menuda clase!!!!!!!

  2. […] baseada nun argumento xa tratado neste caderno en entradas coma viticólogos, voltar á orixe, terriña, identidade, arquitectura da viña, os mellores bagos, os que virán, novos-vellos viños, e […]