Archive for Marzo, 2009

sensacions atlánticas

Esta semana definimos un chisco máis o concepto que temos do atlántismo viticulturista, pola sua banda o sentimento sigue onde estaba, sabemos de onde somos, o que temos pasado e cara onde queremos ir, hai orgullo e fe, é dificil facer parvadas co que temos, máis foi o que se fixo grazas a adorar totems alleos. A primeira […]

Régoa

O labor, despois de andar por esos bancais, respirar o seu aire saturado de polen, escoitar o son dos paxariños, en danza nervosa nos brotares dos primordios primaverais, ese dia estreada oficialmente mais xa recoñecibel dias atrás, o mesmo tempo que nos rodea o cheiro do xisto mesturado coa aromática densa dos matos e a dozura do Sil […]

Mazuelo de la Quinta Cruz

Ven este viño de Briones, na Rioja Alta, dunha viña de mazuelo que da para seis barricas, cunha parte arxilosa orientada cara o sur e outra máis alta e pedregosa cara o noroeste, situada exactamente na altura da quinta parada, coñecida coma quinta cruz, dun via crucis que é recorrido en peregrinación todos os anos pola xente […]

Mouchao

Animosos buscadores de sensacions para o noso espirito e para o noso padal, cando entramos nun escenario coma o Palacio da Bolsa de Porto, ademais vestido con todas as Essencias do Vinho, os sentidos aprestanse para que os estimulos recibidos atopen toda a predisposición da que somos capaces, nesta ocasión, cando saimos enfilando a Baixa […]

Dominio do Bibei

Muitas veces redondeara os seus contornos, a miudo tentaba á sorte conducindo coa mirada desviada nas alturas pola estrada que zigzagueante baixa entre os socalcos trivenses cara a Ponte do Bibei, noutra ocasión estuvera nas suas mesmas costas, cando cheguei ate Langullo pero non o din atravesado volvendo sobre os mesmos pasos que me levaran alí desde o […]

Vinhos na Essencia

Disfrutamos outro ano máis da Essencia do Vinho, e outro ano máis botei de menos a Joao Roseira e os seus Quinta do Infantado e os Bago de Touriga, tamén a pequena adega do Dao Casa de Mouraz, biodinámicos que coñecin na primeira ocasión que fun a este evento pero que non volveron a estar […]

Lonxevidade

“A enorme riqueza varietal conxugada coas diferentes técnicas enolóxicas orixina as múltiples posibilidades que dispoñemos para elaborar un viño. Na enoloxia xunto ás continuas innovacions que se van aplicando, as veces de xeito indiscriminado, tamén se recuperan sistemas de elaboración tradicionais perfeccionados. En canto a materia prima, as variedades de vitis vinifera diferencianse polas suas características […]

Xantanza

Nesta edición a xantanza levounos ate o restaurante Galileo de Flavio Morganti en Pereiro de Aguiar, pero a cita era unha hora antes con Jose Posada e o seu Marron Glacé no polígono de San Cibrao. Despois de recorrer a nave de elaboración e coñecer a historia deste manxar, sobre todo para os xaponeses, recoñecimos […]