Nesta edición a xantanza levounos ate o restaurante Galileo de Flavio Morganti en Pereiro de Aguiar, pero a cita era unha hora antes con Jose Posada e o seu Marron Glacé no polígono de San Cibrao. Despois de recorrer a nave de elaboración e coñecer a historia deste manxar, sobre todo para os xaponeses, recoñecimos a complexidade e a longa duración do proceso de elaboración, estariamos falando de dous meses desde a chegada da castaña ate que o envoltorio a cubre convertida xa en marrón glacé. Tamén coñecimos algunhas ideas novas que bulen no seu maxín, unha delas a piques de se converter en realidade. Jose Posada é ademais o presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos IVG , e autor de varios libros entre os que se atopa “Metafísica do Vinho”. O recordado Manuel Maria fora o “xefe” desta Irmandade desde a sua fundación.
No seu Galileo Flavio preparounos un menú especial de longa cita e maior percorrido, que seguramente os meus compañeiros blogastrónomos BGG son quens de diseccionar con máis fundamento, eu resalto os pratos cos que houbo unha especial chispa de conexión entre eles e algun dos viños que felizmente nos tiñan seleccionado: Lapola 2005, branco de godello e dona branca da adega das Terras de Trives-Manzaneda (Ribeira Sacra) Dominio do Bibei, con intensidade aromática e gusto menos intenso, concordoume en armonia delirante co Carpaccio de remolachas con salmonetes e cabala, matices de fruitos secos, e desacordoume co Jose Posada na sua opinión sobre a dona branca. O segundo viño foi A Torna dos Pasas 2005 da adega de Luis Anxo Rodriguez nas terras de Arnoia (Ribeiro), que apareceu con aires intensos de fruitas negras e vermellas, especiarias e un fondo floreado de lilas, o tempo deu entrada ó terroso, ó tintado e ós recordos iodados que no seu paso fresco e saboroso, co caracter de seu, acompañando ó Taco de bacallao con caldo de chipirón e iodo instalounos na auténtica metafísica do vinho. Sucedianse os pratos e xa elevados neste estado máis alá do físico o Gorvia 2005, mencia da adega Quinta da Muradella (Monterrei), cumpriu o papel de manternos neste estado e avanzar, o contrario que os resultados da outra cita do dia, un punto máis alá coa compaña do Celtic Quenn cow “luismi Premium” VAC.1, neste momento aquel carácter atlántico da Torna dos Pasas transformouse co Gorvia en matices máis cálidos, coas fruitas negras maduras e os matos aromáticos, que coa mellor carne de VACA do mundo, eu so podo asentir ante esta afirmación de Flavio, puxonos a emoción no padal e no espirito. Nos postres, especialmente cos Sabores de pino Galego e a Jalea especiada con “shock cítrico de mandarina chica”, o Tokaj 5 puttonyos Oremus e o augardente de castañas Kuri Shochu de Jose Posada estimularon e prolongaron no tempo, xa con Flavio na mesa, o placer da conversa, do humor e dos recordos.
Foto de Soledad Felloza en capitulo cero
Comment (1)
¿Hay información sobre este tema en otras idiomas
Trackback/Pingback (1)
[...] visións: Gourmet de Provincias, Viticólogo dos Bagos [...]