Archive for Abril, 2009

Obanca

Estivemos un tempo ausentes. Mergullados no silenzo das rochas, acariñados pola brisa peinada das altas pradeiras, envoltos na humidade da néboa que a media mañán nos aperta, antes de alcanzar as aristas cortantes que levan ó cumio, que non da chegado, coma ti, onde non se pode chegar máis alto. Alí manda o sol, a calidez […]

Ponteviño

Onte inagurouse o Ponteviño, xornadas formativas sobre o mundo do viño e algo máis. Estas xornadas que se celebran en distintos establecementos de Vigo están estructuradas en tres apartados: Ponteviño Catas: que consta de tres cursos de diferentes niveis. No Pazo dos Escudos contaremos coa presenza de Manuel Gago para falar do mundo da comunicación […]

Casal Novo

Nariz sutil, delicada, coa intensidade dunha conversa en voz baixa. Un recodo impregnado de aromas atemperados polo frescor do manancial. Asi, ó circundalo descubrimos, coa forza tenue do adornado por esta frescura, ás froitas vermellas, ás flores, ós matos verdes, ás ponlas caidas e ó regaliz que con suavidade van sucedendose dando paso, despois desta longa […]

Estrela

Tiña a intención de traer da Feira do Viño de Amandi un bo feixe de botellas, pero entre que non quedei ó xantar e que ademais estuven mercando queixo, mel de Gundivós, aceite de Quiroga, algunha bola de pan e un par de regalos, quedoume o tempo suficiente para saudar a Jose Rodriguez e facerme cun par de botellas do seu viño Viña […]

El Pecado

Fun a modo, sobre a alfombra dos bosques reverdecidos, dos chans cubertos cos restos da invernía, co espertar dos soutos e o son do seu bulir, o longo dos penedos, sobre as rochas dos outeiros e os matos das portelas, ondulacions surcadas ó ritmo das suas notas, intervalos nos que recordaba o seu ton meloso cos grolos do Pecado, […]

Feira do Viño de Amandi

Este sábado 3 de abril o traxecto desde a costa cara o interior do Pais, entre o Condado e o Ribeiro, mostraba a torcida carioca dos toxos acariñando as ladeiras co seu son de Bossa Nova. Desde o Ribeiro ate as Ribeiras era a elegancia menos estruendosa das xestas en flor, nun verde auga que me recorda alguns […]

Sanamaro

Nunha das mellores paraxes do Condado atopase a parroquia de Porto formando unha península que se adentra no Miño, creando un microclima especial grazas á sua orientación, pendente e proximidade ó rio. Nesta parroquia do concello de Salvaterra do Miño está o Pazo de 1561 que fora morada principal de Pereira de Castro, descendente de Sancho I […]