Barolo Bussia

le-langhe

De nebbia – néboa nebiolo. Fenómeno natural que acontece habitualmente na vendima de Las Langas, colinas de ladeiras escarpadas entre os 250 e os 500 metros no mundo do Barolo Piamontés. A questa caste non lle valen as zonas baixas pola sua inherente humidade, nen as altas polo vento, non menos inherente a elas.

Enigmático, desequilibrado … son alguns dos adxectivos a él adicados. Datos máis empíricos son o seu cedo agromado e a sua serodia maduración (ciclo longo), ou o seu alto grado alcoólico, altura á que tamén chega na acidez tartárica, os seus poucos antocianos e o seu poderoso taninagem … factores que obrigan a unha espera de anos para se conxuntaren. Despois desa espera os adxectivos ó seu viño tornan para falaren de finura, elegancia e longo apos gusto sen abandonar a sua tanicidade e marcada acidez, inherente a si mesmo. É polo tanto un dos viños máis lonxevos pero que manten os seus complexos aromas na sua extensa vida.

O territorio Barolo extendese ó longo de 11 concellos, cinco grandes e seis máis pequenos, cadanseu divididos en pagos-terriñas ou viñedos de calidade pertencentes á sua vez a varios propietarios: sistema de municipios-microparcelación-climats

romirasco

Aldo Conterno elabora en Monforte d´Alba, Bussia DOCG, no corazón do Barolo, con nebiolo das 25 hectáreas de viñas con máis de 25 anos a unha media de 400 m. de altura, con exposición sur – oeste e solos con estratos de area de cor gris parda alternandose con margas calcáreas brancas e azulastras, este Barolo de 14´5º no 2004. Despois da fermentación permanece durante cinco meses coa curtimenta nos depósitos de aceiro, posteriormente envellece outros 26 – 28 meses en grandes depósitos de carballo de Slavonia.

p1000805

Ven enlacado, coa cor atenuada, fino, elegante pero incisivo e directo, acompañado de fruitos vermellos, pementa, canela … deixando un final de sensacions balsámicas extendendose no tempo nun eterno retorno de aromas. Na boca “tanino de bigote”, fundente, marcado de preto pola evidente acidez.

3 ResponsesBarolo Bussia to “”

  1. O que che gusta a ti “o inherente”………………

  2. Nunca ouvira nun viño que estiver tanto tempo coa curtimenta, derde logho é algo muito interesante. Unha vez, un adegueiro manchego dixome que o seu viño estaba tres meses coa curtimenta e pensei que estaba a brincar. Haberá que investigar

  3. Investigaremos.
    Doutra banda algo inherente a un viticologo.

    apertas