Ladeira Vella

Hai cinco anos, durante unha visita por varias adegas de Valdeorras, comimos en A Coroa, adega situada no barrio do mesmo nome da vila de A Rua. Tuven a sorte de sentarme preto do seu propietario xa que, despois dos aperitivos e logo de ausentarse uns minutos, trouxo á parte da mesa onde nos sentabamos, o resto nin se enterou, unha única botella sen etiquetar, coma se un tesouro fora, dun tinto de bagoa densa e colororeada, gusto carnoso e complexos aromas que nunca imaxinara en Valdeorras. No posterior percorrido pola adega percateime dun pequeno depósito de 2000 litros onde bagos de garnacha tintureira, estruendosamente violetas, transformabanse no xugo que cinco anos despois degustaria grazas a Manuel Gago, convertidos neste viño xa etiquetado e comercializado nun número non superior ás 2.500 botellas. Etiqueta que na sua contra ven sendo unha acumulación de despropósitos, o primeiro deles por titular o viño de Tinto Roble e deseguido non facer ningun tipo de referencia á variedade, á localización das viñas ou a sua edade, limitandose a citar a coletilla manida esta pero, xa postos, sen especificar o tempo de roble ou o seu tipo. Nembargantes si fala do outro despropósito cal é o de estar a adega levantada sobre un antigo castro romano catalogado por Patrimonio.

 

p1000816

Esta adega tivo o acerto de descubrir o resultado da versión das viñas vellas e perfectamente madurecidas da deostada garnacha tintureira.

 

Ladeira Vella A Coroa 2005

A densidade coloreada de cereixa picota traslada esta profundidade a unha boca pola que pasa cun tacto redondo e denso, contrapunteado pola impronta da fresca acidez e a tanicidade da tintureira, con aromas que viaxan tamén entre a calidez dun dia de vendima coa sensación de andar entre a fruita negra e vermella madura, a herba seca e os matos, o cacao e o terroso que se vai abrindo a unha punta mineral máis fresca e balsámica, cando paramos a refrescarnos e repoñer folgos.

 

12 ResponsesLadeira Vella to “”

  1. Interesantísimo. Tentarei facerme con el.

    ¿Sabes se o teñen os amigos do Bagos en Pontevedra?

  2. Penso que non.
    Manolo Gago conseguiumo en Santiago, non recordo a viñoteca, puido ser a de Xabi.

    Saudos

  3. Tuve ocasion de probarlo hace un par de años en la propia bodega. Después, Roberto hizo una tirada para su venta (anteriormente lo hacia solo para sus regalos).
    Pregunntàndole cuando saldria este año, me dice que eso va a ser posible, solo cuando lo visistemos en bodega….

  4. Parece o mellor reclamo para visitar unha adega…

  5. ……bueno la empanada y el cabrito, no son malos reclamos tampoco…..ahhh, y su godello para abrir boca, y el paseo por la noche, por los jardines de la bodega y el cielo completamente estrellado. No, no es mal sitio para perderse,…..

  6. ….. coa compaña desexada….

  7. Hoxe estiven na Bodega case por casualidade, é un viño moi difícil de conseguir salvo na propia bodega. Coñecía A Coroa branco pero este é un viño do que non é doado saber.
    Probei a empanada, evidentemente e tamén me trouxe o branco A Coroa e un branco de sobras que embotellan sen etiquetar, que está bo pero de menos calidade pero que coa botella a 2 euros transfórmase nunha excelente Relación C/P.
    O tinto garnacha está a 14 na propia bodega, falarei en breve da visita no blog

  8. Ola Nico, esperarei a tua crónica.

  9. Moi perto da Coroa en adega Alan, elaboramos un tinto procedente de viñas vellas de ladeira nas que predomina a garnacha tintoreira salpicadas con algo de mencía, mouratón e gran negro(parente da garnacha). Trátase dun viño que non ten crianza en madeira, permaneu dous anos en depósito e embotellouse sin pasar por estabilización en frio. A marca é Escada (acio pequeno ou parte que se arranca dun acio) cunha graduación de 14º granate, violaceo, cuberto, cálido pero non exento de frescura e fondo mineral. A producción é mui pequena xa que as viñas son moi vellas, en terrenos moi pobres de pizarra e parcelas pequenas cultivadas en vaso.Creo que hai un gran potencial na garnacha tintoreira das ladeiras vellas e pizarrosas de Valdeorras, pero cada ano que pasa son mais as parcelas que van quedando abandonadas.
    Noraboa polo blog, non o coñecia pero leo cada semana os teus comentarios en ANT especialmente interesante me parece o último publicado referente ós sommeliers.

  10. Grazas polas tuas palabras e por ler as crónicas do ANT e as deste caderno.
    Agora que a garnacha tintoreira tenlle collido o xeito a esas terriñas de ladeiras minerais e ao seu clima, ou que chegou o momento de que exprese con fundamento a personalidade de seu nesas viñas, arrincala é desaproveitar todo o potencial que foi acumulando estos decenios pasados, desde que foi traida.
    Por certo merquei no voso posto da feira do viño o A Costiña de Brancellao que espero disfrutar as próximas semanas, pero non recordo ter visto o Escada do que falas, teria collido un.
    Graciñas por todo o que facedes na vosa adega.

  11. […] nome da mesma caste. Faltaba, porque non se presentou, para completar o trio das tintureiras o Ladeira Vella de A Coroa, que foi o que arrancou con esta historia das garnachas vellas en […]

  12. […] súa cara frutal conxugada cun alcohol envolvente que co seu volume lle da consistencia. Así foi no Ladeira vella 2009 de Adega  A Coroa (A Rúa), aderezado dun fondo de especiarías: noz moscada, cravo e as […]