Sameiras 1040

Antonio Cajide Gulin forma parte do grupo de colleiteiros elaboradores que despois de traballaren noutros mesteres alleos á tradición vitivinícola familiar, decide abandonalos para voltar ás suas orixenes, exemplos coma ál abondan no Ribeiro e tamén nas outras denominacions galegas. O camiño non ten outra que, no viñedo, recuperar as castes tradicionais brancas e tintas, sen cair no monocultivo, practicando unha viticultura respectuosa co medio natural e axeitada á vocación das diferentes variedades. Na adega coa manipulación coidadosa e a intervención sen excesos, cos medios máis axeitados.

Antonio elabora co froito das suas viñas, en Santo Andrés de Camporredondo (Ribadavia), ademais dos Sameiras branco e tinto e dos máis básicos Viña do Avó, o Sameiras 1040, un branco no que participan a partes iguais a treixadura, o lado, a godello e o albariño e que recibe este nome porque a partir da densidade de fementación 1040 pasa a desenvolver a mesma en barricas de madeira de 525 litros, onde unha vez rematada permanece seis meses. O seu enólogo é Alvaro Bueno que tamén elabora na adega Lagar do Merens ademais do proxecto de seu denominado Dos Hectáreas.

sameiras-1040

Sucedense os aromas en armonia, ben xunguidiños, desde o seu pallizo finamente dourado. As flores brancas marcan o ritmo seguidas da fruita sinxela, branca e de oso, e do mel, todos ben collidos da man. A boca é fina pero sedosa, sinceira e transparente que se crece cara o final.

Os comentarios están pechados.