Ribeiro

Os viños de Rueda pasan por ser, no mercado do estado español, o contrapunto cualitativo ós brancos galegos, teimudamente comparados ó albariño das Rias Baixas, como din.

A semana pasada estuvemos en Mendivinia, feira de viños de Rueda que se celebra en Medina del Campo, e pudemos comprobar, por medio dun importante número das adegas que forman parte desta denominación de orixen, as características da vendima do 2008.

As sensacions que nos deixaron podense describir de duas formas diferentes: nos viños máis xovenes asulagadas polos aires das froitas máis exuberantes, as veces en forma dun biofroitas, e nos viños con estadia en madeira dominadas polos aires torrefactados. Comprenderan entonces o escaso feeling que houbo.

Houbo excepcions, pero moi pontuais, como o Belondrade y Lurton ou o Finca Montico, o novo viño de Marques de Riscal.

Asi a todo este domingo tomei o Naia, pero do 2007, que recorda, hoxe, máis á Castela de campos abertos suspendidos baixo o clima continental desas alturas mesetarias, que o pesado e denso tropicalismo da sua primeira edade apos embotellado, xusto hai un ano, e que nestos momentos mostran os 2008, tamén a versión de seu. Eses campos que mesturan os tonos verdes do vexetal e das herbas adosados milimetricamente ós pallizos dos cereais e a palla, nunha boca de recio caracter, austera, cun nítido amargor final precedido dun paso redondo rodeado do xusto frescor.

 

Antes de onte cambiamos de terzo, para ben claro, e visitamos á última hora o Vinis Terrae, salón de viños galegos, onde exceptuando os diferentes e atractivos viños de terriña, viñas orantes e impregnadas de algo máis do Igrexario de Saiar e do Pago de Bemil, ou  bañadas polo Mar de Arousa no Pago de Xoan da Adega Benito Santos, o Pradio fidel reflexo do paso do Sil na Ribeira Sacra e o Castro de Lobarzan nas ladeiras do concello de Monterrei, case foi un monográfico degustando as múltiples posibilidades, caracteres e personalidades que o pequeno universo do Ribeiro oferece.

Que pracer poder viaxar neste microcosmos desde a elegancia planetaria dos Lagar do Merens, quen falou de Borgoña!!?, sempre impresionantes, derritenme coma unha caricia de Ela, ate a expresión sen titubeos do potencial aromático destas castes conxugadas nos Pazo Casanova e nos Sameirás, un abrazo de Ela envolto nas suas esencias, deseguro poderia seguir cos de Armán, de Martín, DaviaCosteira… … pero non houbo tempo de probalos e prefiro rematar co autor da copa que agora disfruto, lembrandome de Ela.

Quen falou da mineralidade do Loira!!? esta copa do Encostas de Xisto de Coto de Gomariz trascende máis alá da terriña e da caste, saboroso, fresco, expresivo, complexo, longo… deixando o seu rasto na copa valeira.

Graciñas Sebio por todo o que facedes alí, en Gomariz, as veces incomprendido, outras non valorado, pero sempre co fundamento da vosa devoción ás castes e ós solos das vosas terriñas, e que tan ben mostrades e explicades.

p1000822

Os comentarios están pechados.