in-formación

As modas ou as tendencias no Mundoviño parecen sucederse ó ritmo entoado baixo a batuta dos prescriptores máis adiantados, asi a todo son os viticologos-enólogos máis creativos, inspirados ou experimentados, pero sempre baseados no respecto e coñecemento da tradición, posuidores dunha extensa cultura vitivinícola e as doses suficientes de intuir o futuro, son quens de otear no horizonte do viño, partindo da tradición, os diferentes roteiros estilísticos que pintarán as nosas copas, encherán os nosos sentidos e, no seu caso, emocionaránnos, convertindose en lumieiras de novos camiños.

Porqué senon os consumidores cun mínimo de información preguntan por un tinto de espadeiro ou de caiño, de feito, coñecian a existencia de tintos nas Rias Baixas a maiores do Barrantes? Que fixo, despois de décadas aburrindo ás nosas papilas que o gusto dos tintos da Ribeira Sacra sexa agora máis saboroso e longo sen deixar a sua frescura e autenticidade galaica? De súpeto os brancos da costa… duran máis? cando hai nada devezabamos polo máis estruendosa e desbordantemente novo co último díxito do calendario.

barrantes0

O último, despois do atlantismo postconcenteración doutros mares e climas, serán os viños máis naturais, antes ecolóxicos ou biodinámicos, máis dos que elaboran os bagos do seu propio viñedo, menos dos que mercan uvas que non controlan, menos dos industrializados e manipulados con lévedos, lias, virutas, taninos e enzimas artificiais, máis de cultivos respectuosas co medio natural e a saude. Non o dubiden virán, porque os buscaremos, os viños máis naturais.

Somos o Pais dos mil viños, alimentados polos mil rios e un océano, dos mil vales multiplicados polas incontables ladeiras, costeiras, cunchas encepadas, vertentes abancaladas e socalcos perdidos en mil curvas imposibeis, ou de aires mariños prolongandose desde as rias ás vides nas orientacions perfectas e nos solos axeitados. Neste Pais irreproducibel noutros lares do mundoviño carecemos de formación e de información, dependemos polo tanto do que desde fora nos impoñan os diferentes gurús e medios. Os medios de comunicación galegos, agás o periódico A Nosa Terra, están ausentes da cultura que Baco e Dionisos nos regan pola gorxa adiante enchendo o noso espirito.

Tampouco temos estudios superiores para as suas viñas e adegas, posibelmente por iso as suas mil potencialidades ainda non son e a creatividade escasea, esta última máis relacionada coa falta de cultura do viño e coa imaxinación e non coa reproducción de receitas e pautas protocolarias.

acios

O que si temos nesta terra dos mil viños brancos e tintos é unha hostaleria dominada na sua inmensa maioria polo trinomio: Rioja-Ribera-e as veces Mencia… ?  Pero … coma a ciencia infusa non é, non se pode esperar máis cando non se lle fornece de coñecementos, ademais nestos momentos este sector atopase apagado e contraido pola situación, sen pulos … deprimido.

mangavino

Na outra banda do mundoviño as adegas bulen con diferentes iniciativas e frenética actividade, a necesidade apreta, pero con eco desigual.

Seguiremos demandado unha formación non pontual senón estabel, continua e de calidade, que a educación regulada non ofrece, e muito menos as pinceladas deslabazadas que academias e demáis vividores da formación ofrecen sen fundamentos nen continuidade e que a oferta pública descoñece ou mal interpreta.

One Responsein-formación to “”

  1. ¿Lembras cando aquela Inés me dixo “Non tire-la toalla”……………….

    O que acontece é que cando abandoo cada traballo por falta de………….deixo un pedaciño dela alí dentro……………agora tan so me queda un anaco pequerrechiño de toalla que cada vez……….menos xente mira……………..