Lumeiras co Pradio

Aparecen unha tras outra as lumeiras, pequenos puntiños iluminando a ria desde a outra banda.

Na noite de San Xoan… a noite, os desexos máis profundos, gravados no máis fondo, son revelados ás forzas da terra, da lua, do mar, do lume, do cosmos e dos devanceiros, invocados cunha copa dos bagos que so coñecen estas xeografias do solpor, entre mar e montaña.

fogueira

Noite perfumada coas herbas e as flores afumadas co lume despois fume que recolle a forza desta noite mesturando todas as suas esencias

Na copa, coa cor apagada pola luz da lumeira, esta noite as fruitas ennegrecidas e as flores azuladas ou o verde das herbas molladas e das prantas con aromas están máis radiantes, conxugandose con outra música, a que nos rodea cando baixo as estrelas ficaches durmida o meu carón, música que todavia se escoita con máis precisión na boca, expresión limpa dos bagos… nen máis nen menos.

Pradio 2008 Mencia. O Pacio (A Peroxa) Ribeira Sacra

Na noite de San Xoan

Os comentarios están pechados.