Volver á orixen

Unha vez recuperadas, estudiadas e postas en valor as castes propias das distintas denominacions de orixen e indicacions xeográficas do Pais, o camiño, o único que agora toca andar seria o de xunguir os seus viños co territorio que representan, e ainda máis logo o de estabelecer as diferenzas e as peculiariedades, de habelas, das variedades, dos solos, dos microclimas e da xeografia particular, a arquitectura da paisaxe, das viñas e dos viños das suas vilas e terriñas. Voltar a ligar os viños coa sua orixen e pedilos pola mesma. Falar de variedades foi o estandarte da nosa vitivinicultura recentemente.

Agora a necesidade apreta, estamos diante de algo máis que unha proposta por parte da comisión para a reforma da OCM do viño. Ademais da liberalización de plantacions, axuda a viticultores que arranquen o seu viñedo, autorización de utilizar practicas enolóxicas prohibidas ate o de agora pola lexislación europea para os viños adicados á exportación e outras medidas máis, a que nos ocupa refirese á liberalización do etiquetado. Esta comisión propón que o ano da colleita (anada) e a variedade de uva poidan indicarse nas etiquetas dos viños de mesa. Desta maneira eliminarianse os signos que distinguen ós viños con indicación xeográfica dos de mesa, nos que os regulamentos son menos estrictos, nin están baixo un control como o das d.o. que verifique a autenticidade da información que reflicte a etiqueta.

Calquera viño de calquer lugar poderá poñer na sua etiqueta albariño, godello ou treixadura, pero nunca Leiro, Meaño, Amandi ou O Bolo.

vinedo-3_thumbnail

Asi a todo este camiño de volta á orixen non é algo novo que non existira ou aconteza polo mundoviño adiante. Nalgunha das suas rexions vitivinícolas existe desde hai séculos, noutras estase a desenvolver na actualidade e ainda noutras notase o seu próximo bulir. Respectivamente a Borgoña baluarte do terroir das suas vilas e das suas terriñas, do Priorat que comenza a diferenciar os viños das suas vilas como Torroja, Gratallops, Porrera, etc., ou a Rioja que rematará falando tamén da orixen e da peculiaridades dos viños de vilas coma Briones, Alfaro, Elciego, Haro, etc, á par de altas, baixas ou alavesas.

Na nosa terra non houbera problemas cando pasaramos dos viños de Amandi, O Rosal, O Condado, etc, á engancharnos na onda dos varietais e falar de albariños, godellos, mencias ou treixaduras, reafirmando asi a personalidade das nosas castes e sobre todo facilitando a comprensión do consumidor menos informado, pero reducindo desa maneira a sua diversidade e complexidade.

Seguiran sendo nosas pero non en exclusiva, haberá con máis seguridade destas variedades en calquer parte do mundoviño, máis perto do imaxinado, e asi figurará nas suas etiquetas. O que nunca poderán reflexar e o nome das suas vilas: Ribadumia, Arnoia, Petin, Sober,Oimbra, Rubiá, Goian, etc…

4 ResponsesVolver á orixen to “”

  1. Hola Antonio,

    no tengo tu correo.

    así, te deixo 1 komment.

    Data: 2009-06-30

    Assunto: Convite para a pequena festa dos 30 anos de engarrafamentos da Quinta do Infantado

    Hello,

    Não tendo o teu telefone, uso o mailer para enviar o convite para a pequena festa dos 30 anos de engarrafamentos da Quinta do Infantado.

    É aqui na Quinta do Infantado, sábado dia 11 de Julho das 18h até quando quisermos.

    Um festita simples, en tiempo de crisis:
    18h-20 – prova de vinhos do Infantado y alguns amigos (se vienes traz 2 vinhos teus!).
    Depois un jantarito, simples mas (espero eu) catita (unfortunately, sin manuel joão vieira).
    Depois, quién sabe, bailarico? rockada?

    Espero que possas vir.

    Fico à disposição para qualquer informação adicional.

    un saludo,
    joão roseira

  2. Obrigado pelo convite

    Estarei deseguro… 95% que possa ir

    Um abraço

  3. ola Antonio,

    que 2 vinos vas a trazer?

    enviame 1 correo para quinta@quintadoinfantado.pt

    gracias y un saludo,
    joão

  4. […] viño neste Pais, baseada nun argumento xa tratado neste caderno en entradas coma viticólogos, voltar á orixe, terriña, identidade, arquitectura da viña, os mellores bagos, os que virán, novos-vellos […]