Archive for Xullo, 2009

O viño na historia

  Este tocho vai adicado especialmente a aqueles que, non pudendo invertir o tempo nas mil actividades e historias ás que anima este mes que comenza, estensible ó resto, unha delas simplesmente nada, ocupan este tempo (na maldición divina) diante do ordenador… cun copo de viño.     As funcions do viño foron evolucionando ó longo da historia. […]

M A

do dois mil i cuatro dous vinhos das rias baixas, albariños da costa, na bocana da ria de Pontevedra un, mirando cara o máis alá que abre a sua senda natural pasadas Ons e Sálvora, en Padriñan (Sanxenxo), gardado contra a  parede so para chegaren lonxe máis alá que tamén anuncia desde a Igrexa de San Esteban […]

Máis Alá

A Terra dos mil viños, alimentados polos mil rios e un océano, dos mil vales multiplicados polas incontabeis ladeiras, costeiras, cunchas encepadas, vertentes abancaladas e socalcos perdidos en mil curvas imposibeis, de aires mariños prolongandose desde as rias ás vides … e Máis Alá. Máis Álá … esta Terra, cos orgullosos, bos e xenerosos, coa sua lingua e […]

Pedralonga

Brisa mariña na tua cariña, daquela beiramar do mar de Vigo na que soñabamos o futuro, pedra salgada nas tuas mans, o cheiro das fragas aquel primeiro dia no monte, a madreselva enredada no teu perfume, a fruita almibarada ou a maza en licor dos teus beizos, a ortiga na sombriña, lusco fusco de verde mirar entre […]

Quinta do Infantado

Na historia do Douro, hai ben pouco que celebrou o seu bicentenario, hai unha data, e unha quinta, que sinala un antes e un despois e que polo tanto conven suliñar. Foi o ano 1979 no que a Quinta do Infantado, baseandose nos conceitos de terroir e chateau, innovou a tradición como di o símbolo […]

S P / M V

Mar de Envero 2007 Baixo o nome que evoca unha mar verde ondulante, a do verde das parras na sua pinta vistas desde a cota superior, deica o verdadeiro das rias, un albariño da zona de Cambados. Elaborado pola adega do mesmo nome fundada hai un par de anos por tres amigos liderados por Miguel Anxo […]