do dois mil i cuatro dous vinhos das rias baixas, albariños da costa, na bocana da ria de Pontevedra un, mirando cara o máis alá que abre a sua senda natural pasadas Ons e Sálvora, en Padriñan (Sanxenxo), gardado contra a parede so para chegaren lonxe

máis alá que tamén anuncia desde a Igrexa de San Esteban de Saiar (Caldas de Reis),onde as raigames da albariña buscan acougo, entre as enerxias deste románico do século XII, o seu igresario.

O Contraaparede está elaborado pola adega eidos de Manuel Vilaustre, embotellado hai agora un ano despois de tres e medio esperando pacientemente ser quen de levarme máis alá.
Da máis intensidade e diversidade que calquera dos mozos novos que por ahi enchen copos. Con tal aptitude culinaria atreveriame con calquer proposición maritaria, de el me acompañar na tarefa.
O festival aromático arranca co fruitado que ven de amarelo e confitado, co mambrelo de comparsa, nas suas costas o cabelo de anxo coa sua dozura contida da entrada ás especias brancas e a pel de laranxa vibrando no nariz. As herbas aromáticas e as flores perfuman a marcha. O festival continua na boca con fanfarria vibrante, son fresco e vivo que danza con paso firme, música que deixa o seu eco na distancia, na longa. A sua idade verdadeira so é revelada polo dourado dominante do que saen todas estas notas.
O Igresario do Saiar elaborase na adega dos Sucesores de Benito Santos en Vilanova de Arousa das 5 h. de albariño que teñen o privilexio de asentarse abrazando a Igrexa de San Esteban de Saiar, entre Carril e Caldas de Reis.

O seu brillante pallizo fai pensar en anadas máis cercanas, deslumbra por iso. Pasa lozano como a sua apariencia, acariñando o padal cun deixe salino, coa suavidade agarimosa da fruita doce, do xenxibre e da trufa, co seu fondo mineral refrescado polo nordés, na mesma medida que as prantas polo manancial.
A próxima carallada lida ou escoitada sobre que “el albariño” “no dura”… non haberá comprensión nin maneiras…
o tempo finou.
tivem essa sensaçom aqueles dias
entrecurtada pola da albarinha atravessando a gorxa …
e o solpor escondendo o M A

Comments (3)
Estimado Antonio,
Desearía ponerme en contacto con usted
Saludos
“O tempo finou………..
Hola Isaac,
mi correo es: x.antonio.ps@hotmail.com
Un saludo