Archive for Agosto, 2009

Gouvyas v.v. / Dona Berta v.v.

Partillamos co periodista André de Quiroga, exuberancia xestual  de nobre expresión, vocación humorística de elegante vestir e sorriso alongado no tempo, os viños que nos trouxo do noso sur no anfitrionismo do Pepe Vieira de Xoan Cannas, grazas a enerxia catalizadora de Guillermo Campos que ademais nos presentou a Laureano, exportador de mariscos e adegueiro desde hai […]

Les vieux Clos

Tirei a rolla do “Les Vieux Clos” 06 do Joly Nicolas con complacencia e un estado de ánimo, outra vez, expectante, mas co desexo de non alterar a sua devota predisposición laudatoria, no seu caso ou próximo a el, e do contrario ficar co silenzo aprobatorio da comprensión, natural e bioloxicamente dinámica, alegre mas non inxenua. O copo ficou […]

Leirana

Perfecto … si, coa copa, despois dun bico agarimoso e sedoso pero co frescor vivo de nos, da man ó granito que fai de mesiña. Entrebicos o Leirana circula polas conexions olfactivas envolto nun airiño petroleado descansando na fruita confitada entre herbas con aromas e especias de branco. Vai entregrolos agarimoso coma o bico de […]

Península de Setúbal

Entre o Atlántico e os rios Tejo e Sado está o itsmo de Setubal, coa Serra da Arrábida inserida no seu sudoeste. Entre Lisboa e o Alentejo esta península posue as indicacions DOC de Setúbal para os Moscateis de seu, viños xenerosos elaborados con Moscatel de bago gordo o branco e con Moscatel roxo o tintado, e de Palmela […]

Vivimos na vertical, trazando liñas coa mirada, deixando atrás fendas, placas, diedros e aéreos extraplomos, atravesando esporons, crestas, neveiros… coroando torreons, agullas e cumios. Andivemos, sentimos, no mundo das rochas o tempo coma unha máis. Estrelas, picos sombreados, noites de pensamentos e desexos arroupados coa lua enchida, ate que a lus se estende e despertamos dos nosos soños […]