Leirana

Perfecto … si, coa copa, despois dun bico agarimoso e sedoso pero co frescor vivo de nos, da man ó granito que fai de mesiña. Entrebicos o Leirana circula polas conexions olfactivas envolto nun airiño petroleado descansando na fruita confitada entre herbas con aromas e especias de branco. Vai entregrolos agarimoso coma o bico de seu e polo espirito coa paz do solpor e a esperanza da luz atlántica ate o horizonte.

reflejos

Sentado no porche con esta luminosidade e a paz do valeiro, miro o tempo pasar… xa non sei se despazo ou depresa… passa, isso é tudo.

“Passa ave, passa e ensina-me a passar” F. Pessoa

e que carallo importa como pasa si, sentado no porche, co calorciño da sua acumulado na terriña dunha das proas que enfilan o Atlántico desde as rias máis baixas, e un copo de Leirana barrica forjado en Meaño naquel 2005, todo semella máis doado.

puesta_de_sol1

O solo quentiño, a fruita docificada, a flor apagada e as especias de branco… vale e tamén o eco lonxano dunha carballeira, mesturadas co Mar alá iluminando os soños co susurro da vida pasar.

fotos do blog unamiradaalariadevigo.blogspot.com

3 ResponsesLeirana to “”

  1. Si que es perfecto.

  2. qué bonita páxina!!
    gústame o formato, as cores, os poemas…

    pero como son unha gruñona…
    onde quedou o galego da miña avoa???

    os meus parabéns.
    un saludo.

  3. Graciñas polas tuas palabras

    estou na sua busca…

    apertas