Les vieux Clos

Tirei a rolla do “Les Vieux Clos” 06 do Joly Nicolas con complacencia e un estado de ánimo, outra vez, expectante, mas co desexo de non alterar a sua devota predisposición laudatoria, no seu caso ou próximo a el, e do contrario ficar co silenzo aprobatorio da comprensión, natural e bioloxicamente dinámica, alegre mas non inxenua.

O copo ficou enchido, nos seus 2/5 , o luns e do mesmo xeito o martes de hai duas semanas, coa lua no medio do camiño que languidecente a leva a mudanza, nuns dias que para disfrute do noso señor Dionisos, e do resto dos seus fideis, as calorias e a luz do rei dos astros sobre as rias baixas e o resto do pais, será quen de concentrar as esencias e algo máis dos bagos, pero so dos naturalmente coidados na viña e máis logo respectados con sentidiño na adega, aqueles destinados a chegaren máis alá.

arc-en-ciel

Desta vegada os axentes naturais, externos e internos, do viño das vellas terriñas acompañaron os sucesivos grolos tras grolos que nos levaron o cumio.

logo-serrant3

Ouro vello bronceado que ule branco.

Ven cara nos enfilado nunha veta mineral, fio esporón que surca polo medio do nariz coma o esquelete no que se asenta o seu corpo aromático, médula espinal da que parten ou á que chegan os aromas envoltos nun aire balsámico impregnado de pedra branca.                                        

Postre dos de antes recén feito, coa crema pálida, con manteiga e cabelo de anxo. Cando polo Nadal entrabamos no antigo “Las Colonias” da rua do Príncipe de Vigo. Ameixa claudia e piña, das de antes tamén, erizadas por algunha puna cítrica. Frescor medular, ou vertical, complexo, intenso e longo.

fotos de La Coulee de Serrant

3 ResponsesLes vieux Clos to “”

  1. ¿Quién de una edad……….no recuerda “Las Colonias”?
    Ahora,todo huele a nada.

  2. A primeira vez que probeo Le Vieux Clos, un 2005, pensei \esta é outra dimensión diferente de viño branco…. nada que ver….\

    Non sei si o asunto da lua, do corno cheo de esterco soterrado na finca ou si a vendima o tempo que se elabora un rito de homenaxe a nai terra…

    Non sei si algo ten que ver a agricultura biodinámica levada o extremo que Nicolas Joly promulga onde o queiran escoitar pero as uvas, aqui, non ofrecen todo iso nin de coña…

  3. Casi todo ten perdido a sua esencia, ou a sua esencia agora é nada.

    Asi a todo so consigo recordar a sua entrada, onde estaban os doces.

    Jose Luis, penso que o conxunto de labouras da agricultura bioloxicamente dinámica non son nada, ou non son todo se a muller ou o home que acompaña toda a vida dos bagos non ten a convicción de respectar a vocación desas terriñas, intervir máis alá é alterar esa dimensión. Digo eu.