Gouvyas v.v. / Dona Berta v.v.

Partillamos co periodista André de Quiroga, exuberancia xestual  de nobre expresión, vocación humorística de elegante vestir e sorriso alongado no tempo, os viños que nos trouxo do noso sur no anfitrionismo do Pepe Vieira de Xoan Cannas, grazas a enerxia catalizadora de Guillermo Campos que ademais nos presentou a Laureano, exportador de mariscos e adegueiro desde hai ben pouco, enormismo arquitectónico en Meis, según din, rodeado de catro hectáreas de viñedo novo e outras catro máis vello noutros lares. Laureatus chamarase o viño. Deberia aspirar a elaborar un viño á altura do marisco co que traballa, fumos orgásmicas testemuñas da beleza e profundidade oceánica de croques, carneiros, lonqueirons e navallas. Con eles David Barco, Pedro Villamarin e o que o conta.

Na mesa un par de viños do Dao e cinco douros, tres brancos e dous tintos. Dos que extraio un tinto que nunca defrauda e sempre emociona e un branco orixinal que ben paga a pena.

Joao Roseira, Redrose, elabora con Luis Soares Duarte, son Bago de Touriga,  entre outros viños os Gouvyas, na mesa estaba a versión Vinhas Velhas do 2005 que fermentou en lagares con pisa a pe e criou en barricas de segundo ano. A sua orixen atopase nos bagos de touriga nacional e tinta roriz oriundos das tres zonas do Douro viñateiro, no seu caso, e de oeste a leste: Soutelo do Douro, do Vale de Mendiz e de Vilanova de Foz Coa. Por iso o Gouvyas é o Douro todo, coma el vivo, longo, saboroso, fresco … elegante, vinho-rio de tintas e tourigas, de esteva con violetas, das fruitas enxistadas e da suave cremosidade do carballo. Descontraido e alegre coma os Bago de Touriga pero profundo e intenso como o mellor da tradición que empregan e defenden.

gouvyas

Foto do blog pingas no copo onde ten unha certeira descripción.

O Dona Berta Vinhas Velhas 2007 é un viño branco extreme da autóctona caste duriense rabigato, de vinhas prefiloxéricas, elaborado por Hernani Verdelho na Quinta do Carrencho en Freixo de Numao  (Vila Nova de Foz Coa), ou sexa no Douro superior. Con 13´5% ten un corpo que enche, entra goloso, pasa recio e seco pero deixando unha sensación de frescor. Orixinal coctel aromático ben conxuntado e gustoso de mel, mambrelo, cabelo de anxo, herbas aromáticas e amendoas amargas.

dona-berta

foto do blog garficopo

One ResponseGouvyas v.v. / Dona Berta v.v. to “”

  1. Hola,

    Su blog ha captado nuestra atención por la calidad de sus recetas.

    Agradeceríamos que lo registre en Ptitchef.com para poder indexarlo.

    Ptitchef es un directorio que referencia los mejores sitios web de
    cocina. Cientos de blogs ya se han inscrito y disfrutan de Ptitchef
    para darse a conocer.

    Para suscribirse a Ptitchef vaya a
    http://es.petitchef.com/?obj=front&action=site_ajout_form o en
    http://es.petitchef.com y haga clic en “Anade tu blog ” en la barra la
    parte superior.

    Atentamente,

    Vincent