Archive for Setembro, 2009

desde La Guancha

cor apagada         lume sobre pedra queixo majorero         cuarto escuro enmohecido  especias doces sobre cacao           fruitas licorosas docificando a terra terra quente ventilada polos alisios          …  no final as rochas liberadas de todo… e o aire balsámico que as circunda Negramoll 2005. Viñátigo. La Guancha. D.O. Ycoden Daute Isora

Baladiña

Asi, recen aberto, sacado da neveira, venme o mar fesco e salino, como abrir a ventana á sua beira pola mañan cedo cos ollos pechados. Ningún viño do mundo leva no seu interior coma unha caracola o Mar de Arousa e o solpor salpicado de illas, o frescor salino máis fértil do mundo. Cando o sol […]

O gusto do Rioja

Na Rioja do medio do camiño, ou cando de verdade paras e te plantas e a elixes coma destino da tua viaxe, enton o que comenza é o pequeno universo do viño que leva o seu nome. Ainda que vexas montañas enserradas e suaves outeiros, incluso parece ser que un grande rio a atravesa reclamando o seu carácter, ademais […]

Rioja de blog en blog

Desde as 10 da mañan do mercores 16 e do xoves 17 poderedes seguir en tempo real as andainas dos cinco blogueiros que participamos nesta experiencia novidosa ou pioneira, ou máis ben experimento narrativo multimedia combinando xeografia e vista satélite da Rioja cos movimentos que, sabe Deus, iremos facendo, cos textos que, a saber, iremos […]

Pena do lobo

Ramón Losada, que dirixe a adega familiar Losada Fernandez situada debaixo do emprazamento do antigo castro de Ferreira de Pantón, elabora catro viños diferentes. Nesta simples introducción xa se aprecia algo non habitual na Ribeira Sacra e no resto do Pais: catro viños para unha adega que non chega ás 10 h e de reducida producción. Máis […]