Pena do lobo

Ramón Losada, que dirixe a adega familiar Losada Fernandez situada debaixo do emprazamento do antigo castro de Ferreira de Pantón, elabora catro viños diferentes. Nesta simples introducción xa se aprecia algo non habitual na Ribeira Sacra e no resto do Pais: catro viños para unha adega que non chega ás 10 h e de reducida producción. Máis doado e comercial ven sendo concentrar a producción na coñecida historia de viño novo e viño barrica. 

O que diferencia a esta adega é o feito de vinificar por separado as distintas viñas que posue: das ribeiras do Sil a Pena do Lobo en Amandi e a Viña Caneiro en Doade e da ribeira do Miño a Viña do Burato en Balboa. E diferente tamén porque ningún deles se pode atopar por esta costa oeste de Europa, todos eles nas pratelerias dalgunhas viñotecas da costa este dos Estados Unidos de Norteamérica, so ali, entre 20 e 26 dólares.

ventura

Ramón Losada, veterinario de profisión, elabora os seus viños por seguir a tradición familiar, ou por amor á arte, e faino do xeito máis natural posibel, isto é minimizando a intervención na adega, asi non filtra nen estabiliza con frio os viños, deixando actuar ós lévedos propios dos bagos despois de seren vendimados no seu punto de maduración óptimo. Non tocan a madeira. Di ben claro que muita da sua actuación na viña e na adega segue os consellos recibidos do seu bo amigo Gerardo Mendez.

As tres ha. da Pena do lobo están situadas en Amandi con solos mestura de xisto e granito nas que moran cepas de mencia de máis de 80 anos.

p1010110

Limpeza… e claridade, por iso brillante e “cristalino”, coma un manancial que deixando atrás a sua prima vita entre rochas, atravesara os primeiros prados cubertos coas cores limpas da flor e das fruitas, das prantas e dos matos. Dixen limpeza non si? Limpo, fino equilibrio que pasa con suave frescor implorando ser degustado uma ves máis outra.

Proximamente o Viña Caneiro 2008

A primeira foto é do The New York Times

One ResponsePena do lobo to “”

  1. […] viño que me veu a mente para ela foi o Viña Caneiro, falara do tema hai meses con Ramón Losada … pero agora non hai (¿?). “Normalmente” cando hai so é posibel […]