O gusto do Rioja

foto de Soledad Felloza

Na Rioja do medio do camiño, ou cando de verdade paras e te plantas e a elixes coma destino da tua viaxe, enton o que comenza é o pequeno universo do viño que leva o seu nome. Ainda que vexas montañas enserradas e suaves outeiros, incluso parece ser que un grande rio a atravesa reclamando o seu carácter, ademais doutros máis pequenos, un deles seica o responsabel da sua denominación, ou que os solos sexan daquelas maneiras: desde os cantos rodados das beiras do gran rio aos das cotas máis altas, ou que o clima sexa como é na Alta e se comporte doutra maneira na Baja, …, todo elo, incluso a xente, boa xente, mui boa, todo está onde está e é como é para que exista o viño de Rioja, o seu fin é proporcionar as condicions que fan este viño de seu. Todo é para que o viño sexa.

O gusto dun Rioja é o da sua xente, a min sabeme ao home que me recibe e agarimosamente me mostra a sua vida que é a do seu viño que son a das suas viñas eiqui e acola, viñas salpicadas de outeiros coma graos que son vilas desde as que estos homes as vixian, vilas coma graos no mar de viñas coroadas por igrexas nunhas ou castelos noutras.

O gusto do Rioja é o da sua xente, saben a pequena adega familiar que segue a tradición rioxana pero que se permite dar alguna pincelada novidosa en forma de monovarietal de graciano como a Bodega Heredad Baños Bezares en Briñas, na banda esquerda do Ebro, baixo a Serra de Toloño, co frente mirando ás cepas da Viña Tondonia, á outra beira do rio.

Degustando os viños de Heredad Baños BezaresHeredad Baños Bezares coa viña Tondonia na outra beira do rio

Ou o gusto que fala da fidelidade á tradición herdada dos devanceiros, asi en Muga o sabor que me deixa o seu paso é o da conversa tranquila e segura, a parsimoniosa seguridade que transmite o paso dos anos, acumulación do quefacer co mesmo adn, con viñas coñecidas coma un máis da familia, da mesma maneira que adoptarón para moldear diferentes carballos do mundo.

p1010144

p1010154

O gusto do Rioja é fundamentalmente o do factor humano da ecuación que define ós grandes viños do mundo, aqueles que teñen as raigames extendidas ó longo dos séculos. Os solos-terriñas, as castes ou os microclimas renden pleitesia, neste universo de viño riojano, ao home que as utiliza para crear o viño que o representa.

Pero esta é a conclusión final do gusto dun viño de Rioja. Sabor humano nun viño reflexo dunha terra entre serra e rio, sobre ondulantes viñedos vixiados de puntillas por vilas.

Todo comenzou cando Manuel Gago me invitou a participar nesta experiencia, daquela vin a oportunidade de curar todos os prexuizos que nun Pais coma o noso provocan distribuidores e hostaleiros …. Coma unha tabula rasa acudin a chamada coa pretensión de soltar o lastre cargado con todos eses prexuizos acumulados e disposto a tomar a altura necesaria que me dera unha visión limpa e nítida, confesando de antemán que despois de muitos anos relacionado co viño era a primeira vez que pisaba bodegas e viñas de seu, ou que despois de 225 entradas neste caderno dos bagos so unha páxina falaba dun dos seus viños.

En realidade este relato comenza o mércores pola mañán cando nos é revelado o sentido que deberia guiar a nosa busca-descubrimento do Rioxa. Acostumado a atopar a emoción do viño o través dos aromas e  tamén coa vista e o oido noutras historias, e sempre co tacto, o gusto non era o meu preferido. Asi a todo foi máis doado do esperado, os rioxanos ensinaronme o gusto do seu viño. É o seu reflexo.

Empezamos estas xornadas Roberto, David e máis eu, rodeados da boa xente rioxana, unha hora máis tarde no término de Montecillo concejo de Fuenmayor, onde o Ebro da unha reviravolta de 90º xusto á altura da entrada á Bodega Finca Valpiedra da familia Martinez Bujanda. Maís adiante para evitar un pequeno desnivel do terreo pega outro xiro, agora de 45º, e asi remata por abrazar este val de pedras. Seguindo ese trazado do Ebro vamos descubrindo primeiro unhas ducias de brancas cepas prefiloxéricas sobrevoadas por bandadas de bencejos enriba do rio cepas prefiloxéricas

p1010116

Máis adiante unha viña nova de maturana tinta sobre cantos rodados

p1010121

Probamos bagos de maturana, de graciano, de tempranillo e de cabernet: de gusto máis fresco o graciano, deixando o recordo do seu chan a maturana, máis goloso o tempranillo e robusto o cabernet.

Na bodega, onde as obras de Jose Antonio Olarte xunguen viticultura e arte, probamos os seus viños: Cantos de Valpiedra e o reserva Fincas de Valpiedra. Viños de paso fresco coma o rio que por eiqui debuxa un meandro, de corpo redondo e pulido coma os cantos que enchen as viñas, elegantes coma o vo das aguias que moran nestas beiras do rio. 

p1010125

En Briones o Museo Dinastia Vivanco. O proxecto cultural da familia Vivanco, propietaria desta bodega, merece unha explicación detallada, con poucas palabras so podo dicir que calquer estudante de enoloxia, de viticultura ou sumiller e por suposto calquer amante do viño ten neste museo unha visita obrigada. Non hai no mundo outro semellante.

Entrada Museo Dinastía Vivanco

O gusto do Rioja é o que transmite a sua xente, a pasión que vermella percorre as suas veas. Sabeme á sua experiencia moldeando o froito das diferentes variedades das diferentes viñas das distintas vilas das varias Riojas.

Á importancia da Bodega como lugar na que o home e os bagos conxugan as suas personalidades nun viño. Bodegas como lugar de transmisión da cultura do viño, de exposición e de museo vivo do viño.

Atopei en ámbitos mui distintas a mesma emoción: 

A experiencia e o traballo de Juan B. Chavarri na “Granja institucional Viña Grajera”, onde consigue coa sua conversa e a sua desbordante humanidade e por suposto coa calidade do froito do seu traballo, emocionarnos de tal maneira coma tomar un viño destas terriñas na Ermita de Santa Maria de la Piscina nas faldras da Serra Cantabria dominando o val do Ebro.

Juan B. Chavarri

O gusto do Rioja é unha conversa con Juan, son os seus viños.

tempranillo blanco

riojadeblog-enblog-374

Atentos ós próximos brancos rioxanos, o tempranillo branco ven con fundamentos e con Juan Chavarri detrás a aposta é segura. Esperan muito desta anada do 2009 que deu bagos brancos de excelente calidade.

Viña Grajera 1982

Outra historia é poder volver a gozar da sua primeira elaboración o Viña Grajera do 1982.

Santa Maria de la Piscina

Neste escenario totalmente propicio para transcender probamos os viños de Bodegas Tobía. Viños saborosos e intensos, o seu branco fermentado en barrica … para ir máis alá.

vinos de Tobía

Se o segundo dia xantamos no Echaurren en Ezcaray, do que espero a descripción que fagan os meus compañeiros con muitisimos máis fundametos e medios, o primeiro dia fora na Bodega de Miguel Merino en Briones

Bodega Miguel MerinoBodega Miguel Merino

Bodega Miguel Merino

Miguel Merino desborda pasión e os viños que elabora co seu fillo o seu mesmo gusto, o dun Rioja de gusto clásico pero tremendamente amabel e adictivo. Os do seu fillo son a versión máis actualizada desa mesma pasión, como a que pasa pola quinta cruz do calvario de Briones.

Pablo Neruda

Obrigado Sonia, gracies Carles, gracias Estibaliz e ás suas compañeiras de Rioja Calidad,  por facer que estos dias sexan inesquencibeis, por suposto grazas a todos os que tan agarimosamente nos recibiron nas diferentes estacions desta emocionante andaina. E ós meus compañeiros Roberto, David, Joan e Manuel por aturarme.

5 ResponsesO gusto do Rioja to “”

  1. Fantástica experiencia, mejor preparación y compañías, y muy buena descripción de tu sentido!!! Me hubiera encantado estar en la tonelería para rematar mi sentido, el oído: cómo soplan las duelas es impresionante!
    Un abrazo,
    Joan

  2. También impresiona el momento en el que va colocando sucesivamente una duela tras otra con solo el apoyo del aro superior.
    Tengo una foto de David y Roberto alucinados pensando en que un simple soplo seria capaz de hacer que todo se viniera abajo.
    Una abraçada

  3. Yo que no entiendo de vinos.
    Pero este verano decidí ir a la Rioja Alavesa.
    Disfruté de lo que sabía, comer, el vino quedó relegado a un segundo lugar.
    Sería un lujazo aprender con todos vosotros el arte del vino.
    Tengo mucho por leer y aprender con vuestras crónicas.
    Cada uno de vosotros escribirá desde el sentido que le ha tocado vivir.
    Chapó por ese disfrute vuestro y con el que nos vais hacer disfrutar
    a todos los lectores con vuestros comentarios y aventuras por la Rioja.
    Un abrazo.
    Margot

  4. Hola, te he puesto un enlace en mi blog, he utilizado una foto tuya, si no te parece bien me lo dices y la quito.
    Un abrazo.
    Margot

  5. Todo lo contrario, gracias por hacerlo.
    Es una magnifica foto de Soledad Felloza.
    Unha aperta

    Antonio