Baladiña

a_ria_de_arousa21

Asi, recen aberto, sacado da neveira, venme o mar fesco e salino, como abrir a ventana á sua beira pola mañan cedo cos ollos pechados.

Ningún viño do mundo leva no seu interior coma unha caracola o Mar de Arousa e o solpor salpicado de illas, o frescor salino máis fértil do mundo.

Cando o sol avanza co seu calor e o mar fica atrás, merendamos no xardin mirabeis e xelado de crema á sombra dunha acacia, despois un té fresquiño. 

Na boca é o equilibrio, a suave elegancia alonxada de densidades grasentas e acídulas delgadeces.

ila20arousa1

 

David Ballesteros dirixe actualmente a adega Lagar de Besada que elabora, entre outros viños con moita personalidade,

baladina1

este Baladiña do 2007  que pasou dez meses en depósito cunha borra moi fina. Adega familiar situada en Xil (Meaño)  que conta con tres hectáreas de viñedo coa caste que neste val atlántico do Salnés da orixen a viños únicos coma este Baladiña. Con está materia prima que deberia dar viños auténticos que rezumen a esencia destas terriñas, irreproducibeis noutros lares, ainda que o intenten levandose a caste. O Albariño so é unha parte da ecuación que eiqui se formula, ecuación que neste val do Salnés parece formularse en máis ocasions que noutras terriñas das Rias Baixas.

Sí, o Salnés empeza a coller distancia coas outras “subzonas” das Rias Baixas.

2 ResponsesBaladiña to “”

  1. Gustame moito, moitisimo o viño de Lagar de Besada. O Añada de Baladiña de 2002 pode ter sido un dos mellores que probei nunca, dos elaborados en deposito con largas permanencias…. unha pasada…

    O unico malo foi a escalofriante subida no prezo (case dous euros dun ano para outro). Non digo que non os mereza, pero foi demasiado… eu tiven que deixar de traballalo este verán e foi, de verdade, so por ese motivo… por nove euros e pico mais IVA habia demasiadas posibilidades de similar ou mellor calidade….

    E non esotu de acordo. O Salnes, para min aló menos, non esta collendo tanta distancia a alguns viños, por exemplo, do Rosal…

  2. Antes de afirmar tal penseino ben, e desde hai tempo, e reafirmome no dito… para min no Salnés están os que van deixando no camiño o rasto dos mellores brancos que no futuro TEÑEN que ser.
    Non miro ese rasto nas outras terriñas desta d.o.

    Espero estar a tempo ainda de probar ese Anada de Baladiña do 2002.

    Apertas