Archive for Outubro, 2009

A Guia de Rui Falcao

Recomendar unha guia de viños nestos tempos é bastante arriscado, so podo dicir que esta é a única que merco. Rui Falcao explica no seu blog o desafío que supón escrever unha guia de viños coma el o fai.

garrafeira 80

Perfume de outrora, das tardiñas cos avós na casiña da terriña. Cando no outono cheirabamos as próximas neves que acenden o lume do fogar. A terra que esconde o cheiro da trufa con follas caidas e  flores murchas.                                                                                                                              Na especiada cociña bocadillo de chocolate e confituras na torrada. Con café. Fina garra alongada cos recordos do outono de outrora. 11.5º, […]

Quinta Vale Dona Maria

  No Vale do rio Torto, lugar de Sarzedinho, Ervedosa do Douro (Cima Corgo), está a Quinta do Vale de Dona Maria de Cristiano Van Zeller, un Douro Boy, polo tanto na onda “modernizadora” desta regiao, aqueles que hai algo máis dun decenio plantaronse no medio da inercia vitivinícola do vale cun proxecto de renovado pulo, renovación na […]

Dominio do Bibei

Vinus & Brindis de Vigo e a adega Dominio do Bibei fixeron que un grupiño de afortunados amantes da vitis e do vini disfrutáramos coma crianzas polas viñas e por unha adega especialmente atractiva e didáctica. Andar entre cepas, cheirar todo, otear as formas da paisaxe, observar a traxectoria do sol e intuir a sua influenza […]

Ladeira da Mata

Dentro da subzona da Ribeira Sacra denominada Quiroga – Bibei as viñas do concello de Manzaneda atópanse na banda esquerda do Bibei, desde o lugar de Soutipedre, que se atopa á mesma altura de Santa Cruz de O Bolo en Valdeorras, ate o lugar de A Mata, xusto antes de que este río pase a moldear […]

Ad Libitum

Gris limpo das primeiras chuvias, frescor que alivia os suores acumulados. Pálido brillante de corazón verde, branco tempranillo. Verde armada citrina, ad libitum totus y plenus, despois do alaranxado níspero, antes da fruita de oso máis decolorida, brancamente perfumado finalmente. Boca estridente, sprai que impregna o padal con intensidade crocante, de menos a máis, para ficar no fondo […]

novos-vellos viños

Voltamos ó gusto máis tradicional, pero desta vez con elaboracións limpas e definidas, que respectan as esencias dos bagos, cunha viticultura tamén máis repectuosa co medio, afinando con precisión o momento óptimo de maduración. Interprétese respecto como reducción da intervención ós mínimos imprescindíbeis. Temos reducido tamén, pero neste caso aínda en niveis insoportábeis, a presencia […]