Voltamos ó gusto máis tradicional, pero desta vez con elaboracións limpas e definidas, que respectan as esencias dos bagos, cunha viticultura tamén máis repectuosa co medio, afinando con precisión o momento óptimo de maduración. Interprétese respecto como reducción da intervención ós mínimos imprescindíbeis.
Temos reducido tamén, pero neste caso aínda en niveis insoportábeis, a presencia dos clásicos das estanterias e das cartas dos restaurantes, case sempre cos mesmos nomes, feito que fai a súa presencia todavia máis cargante.
Do mesmo xeito que foi a menos a concentración alcohólica e amadeirada en novo dos viños que viñan a ser a alternativa ós anteriores. Engadamos a maiores, para o noso xúbilo, a xa vella historia das variedades mellorantes, ríome eu da melloría prometida. Acórdome da pasión con que eran defendidas, inda gardo o medio sorriso co que escoitei após filme “Entre Copas” a peregrina idea de plantar pinot noir nalgunha subzona das Rías Baixas coa promesa da súa venta asegurada nos USA.
Por suposto non me esquezo, se cabe neste caso con máis incredulidade por non dicir dor, da inclusión do tempranillo como variedade autorizada no regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra. Espero que ningún dos viticultores a ela adscritos caera no “sabio” consello, visto como pinta o mundoviño na actualidade estaríanse dado testarazos contra a parede, máis productivo seria facelo contra o técnico de turno.
Xa pasou o tempo dos viños de gusto internacional, para nos tamén dos imitadores de viños de zonas máis afamadas. Os viños que imitan patróns alleos ós nosos, coma casamentos con variedades que non expresan o mesmo que noutras terras máis acaídas para elas ou pasos por madeira inapropiados para o que se mete no seu interior. Son viños que so teñen éxito cos consumidores alienados que achan nestes viños pseudoclónicos, porque adoitan ser peores que o modelo orixinal, os seus referentes alleos.
As condicións que a natureza nos ten dado son as que debemos explotar, xa que os demais non as teñen son máis vendíbeis, sabemos que algúns so saben destas razóns, de feito son as únicas condicións que fan que os nosos viños teñan un atractivo especial fora do Pais.
Temos que incidir na orixinalidade e personalidade de nos, nas características propias das castes e das súas terriñas. E o que demandan no mundoviño. Hai que reflectir a identidade, os únicos viños con futuro son os que reflicten a súa terriña.
Cando se respeita ó medio con fidelidade á vocación das súas terriñas, ou o que é o mesmo ó seu clima, ás súas castes e ós seus solos, o resultado é a recuperación do gusto auténtico, a expresión máxima á que un viño pode aspirar.

Este vieiro remata, que saibamos ou aventuremos, no comezo das denominacions, na orixen, no universo rico e complexo das distintas vilas, vales e viñas.
As tendencias productivistas, as variedades mellorantes, os enxeñeiros de turno, os funcionarios, os enólogos volantes, os lévedos e clones que garantes a uniformidade … Cando todo elo so sexa un recordo, cando menos un reducto, estaremos liberados.
Comments (3)
Plas,plas,plas…. Utilizando el recurso de una frase hecha, pero que viene pintiparada: ” Se puede decir más alto, pero no más claro”.
Totalmente de acuerdo contigo. Saludos.
Pois bo estaxio na cadea. Os consumidores alienados somos, en desgraza, un ghuevo. Por outra banda as tendencias productivistas e a globalización nas castes non ten porque ser mau simplesmente temos que saber que ese viño é para vender a euro ou a granel, por mui albariño que fora (poño por caso); outro carallo é si non puxeramos a falar de como estaría o solo no que poñemos esas vides
Para mim consumidor alienado é o que ten perdido a identidade dos viños e busca en cada zona o mesmo tipo de viño, non o viño propio e con personalidade diferenciada, as veces oposta, senón o viño que ten idealizado ou o seu arquetipo de “bo viño”.
Se non existira este consumidor non haberia que elaborara esos viños copia.
As tendencias productivistas son para quen ten as condicions apropiadas, incluso non ten outras, pero ese non é o noso caso nen tradición.
Apertas