Saes

Frescura, suavidade, elegancia, son as características asociadas aos vinhos do Dao que neste Saes, expresión da fruita vermella, das especiarias finas e das herbas atlánticas, me fan recordar a certos ribeiros, ou as mesmas sensacions que sinto cando os bebo, o que me leva a pensar, e desexar, o camiño que puderan tomar ou o que seguirán os seus tintos no futuro. Claro que este Saes ven sendo o vinho máis novo de Alvaro Castro, sen a lonxevidade e a profunda intensidade aveludada dos Pape, Carrusel ou Quinta da Pellada.

P1010284

Alvaro Castro é un viticologo que vai máis alá, non hai dúbida, da igual con que vinho, algo tocache na pel para erizala, algunha imaxen ou un pensamento, un aroma ou a luz da sua cor, e sobre todos eles o recordo que deixa en nos. Os aburridos sentidos son despertados tras dias de letargo, adormilados pola sucesión de xornadas outonais entre viños que non son que de arrancar do lapiceiro catro verbas seguidas cun mínimo de emoción, por non caer nos manidos adxectivos, na sucesión soponífera de descriptores que me levan a encher os copos deambulando entre pintas, rones e demais augas de vida.

Hoxe non ven a conto ou simplesmente non me apetece falar do seu vinhedo, de non sei que idade e non ma acorda que solos, a orientación deseguro que é a ideal e a vendima manual… o bosque atlántico que alí deixa espazos para as cepas co fondo aserrado da Estrela supoño que algo terá que dicir ao respecto.

Alvaro Castro é o instinto, a simbiose ou a metamorfose home -vinha e despois o artesán que da forma a uns bagos que piden ser transformados assim. Obrigado por este e polos outros seus vinhos.

4 ResponsesSaes to “”

  1. Non sei si será o mesmo vinho, mas eu lembro esperimentar há unha chea de anos un que se chamaba quinta de saes, e que o rótulo era caseque igual o de quinta da pellada, lembro que gostará muito daquel vinho, foi unha das minhas primeiras e últimas desgrazadamente achegas o Dâo

  2. Non son o mesmo vinho. Eu descubrín este Saes ha unhas semanas de casualidade na feira expogallaecia de Vigo, o Quinta de Saes do que ti falas aparece pinchando no nome Alvaro Castro.

  3. Non son o mesmo vinho. Eu descubrín este Saes ha unhas semanas de casualidade na feira expogallaecia de Vigo, o Quinta de Saes do que ti falas aparece pinchando no nome Alvaro Castro.

  4. […] Por Alvaro Castro da Quinta de Saes, no pé da Serra da Estrela a 400 m. con solos graníticos e calcáreos, o Tourigo Nacional con Jaen, Alfrocheiro Preto e Tinta Pinheira da magnífica anada no Dao de 1996. Noutra ocasión pasou por este caderno o máis noviño Saes […]