Branco da Ribeira

A impresionante progresión que desde hai uns anos levan experimentando os viños tintados da Ribeira Sacra non debería significar deixar atrás aos seús brancos porque, deseguro, poderían convertirse no futuro noutro potencial destas ribeiras sacras como xa anuncian a maioria dos poucos que se elaboran.

Lapola, o 2006 tomado supera en todos os aspectos ao 05, é un dos viños brancos que elabora a adega Dominio do Bibei no concello de Manzaneda das Terras de Trives. Nesta bisbarra da subzona de Quiroga – Bibei hai pouquiñas adegas e que eu saiba ningunha, agás este dominio, elabora viños brancos. O Dominio do Bibei elabora este seu branco con cepas de godello, nun 60%, e de treixadura, torrontés e dona branca, no 40% restante, de viñas entre 15 e 50 años sobre solos de esquistos e de xisto situadas a unha altura entre os 400 e os 700 metros. O mosto destas castes fermentou en barricas de 600 litros de carballo francés de primeiro, segundo e terceiro uso. Rematada a fermentación o viño criou coas suas lías en barricas de carballo francés de 600 litros e un 15% en depósitos de cemento en forma de ovo de 750 litros durante 15 meses. Antes de ser comercializado permaneceu en botella outros 15 meses.

dominio do bibei

Collidos da man, xuntiños, van os aromas durante todo o seu percorrido polas sucesivas incursiones olfactivas que, deste xeito, semellan un cadro no que os tonos cremosos e especiados da madeira enmarcan, envolvendo sen ocultalos, o pálido amarelo das froitas e o branco fondo floral da sua paisaxe aromática. No gusto o cuadro deixa a sensación dun paso saboroso de tacto graxo infiltrado por unha fina capa ácida. Foi acompañado na mesa, como nos gusta que un prato o faga, por un Bacallao á Gómez de Sá.

4 ResponsesBranco da Ribeira to “”

  1. […] o viticologo dos bagos » Arquivo do blogue » Branco da Ribeira […]

  2. Los de la bodega A Mata, en el mismo concello de Manzaneda, estan haciendo unos vinos biodinamicos que no estan nada mal (un godello y un mencia, con alvarello)

    En la misma zona, en Soutipedre, madura quizas la mejor godello de la zona, estan en el limite con Valdeorras y cerca de aqui estan los viñedos de Rafa Palacios…..

  3. Incluso mellor que Soutipedre din que é O Riquián e a Falcueira onde tamén esta plantando Telmo Rodríguez. De todos os xeitos unha zona preciosa o Val do Bibei ainda que se perdeu a maioria do viñedo pola emigración e polas dificultades que supon o cultivo nestas empinadas ladeiras. Chamoume a atención o tipo de poda que practican os paisanos por eses lares con cepas con ata 18 xeitos (pulgares). Moitas viñas desta zona eran de xente das aldeas de Conso polo lado de Manzaneda e da Veiga do Bolo pola parte de Santa Cruz e as Ermitas. Elaboraban o viño en pequenas adegas entre as viñas, con lagares de pedra. Baixaban a vindima e tiraban varios dias durmindo na adega e aproveitando para facer diversos traballos na viña incluso aguardente. Cando o viño estaba listo, enchian pelexos de pel de cabra que eles mismos facian, cargabanos ó lombo ata chegar ó camiño onde tiñan o carro cos bois. Ian acomodando os pelexos con palla para que se suxeitasen e emprendian o camiño de volta as terras altas a pasar o crudo inverno.
    Esperemos que se poidan recuperar parte das viñas perdidas, como así esta acontecendo, mais pola iniciativa digamos privada, que polo interés que poña a administración pública.

  4. A verdade é que sempre que paso por estas terriñas debedoras do Bibei, desde Trives ate O Bolo, pasando por Manzaneda e pola parte alta de Larouco sinto que é alí onde eu elaboraria un viño, de feito a única que vez que mirei de facerme con viñas, hai anos, foi por esas ladeiras, pero voltarei…
    Cesuras non sabia o da biodinámica na Mata, haberá que ir por alá.
    Graciñas Manuel por toda esta historia dos viticultores das terras altas do Bibei. Certamente os viños do Val da Falcueira eran os que máis fama tiñan na zona.