Archive for Xaneiro, 2010

Pago de Bemil

O Pago de Bemil é un pequeno viñedo de unha hectárea recoñecido coma ecolóxico polo consello regulador da agricultura ecolóxica, dato moi importante este nos tempos que andamos, tan importante coma que se faga un viño co froito dun so viñedo respectando así a súa esencia, aínda que so de para 4.000 botellas, e non […]

Xantanza, Compostela, Marcelo

Levaba tempo con ganas de comer en Casa Marcelo e cando se decidiu que a seguinte Xantanza blogastronómica sería en Compostela, non tuven dúbidas en que por alí acabariamos emocionando ó padal, e deseguido enchendo o bandullo. O desexo acumulado era moito, e non fiquei mal, quero dicir desconsolado, ou coas espectativan diluidas na copa de viño, ou cunha pinga de non sei que, […]

Festival na Quinta de Nápoles

  Situada no último tramo do rio Tedo a Quinta de Nápoles apreciase desde a estrada que seguindo o curso do Douro une Pesso da Regua e Pinhao. De lonxe ou máis de preto o único que destaca no verde amarronado do contorno é a casiña branca da quinta que coroa o que en apariencia é un pequeno outeiro rodeado de socalcos. […]

30 copelos

Se os adegueiros da ribeira do Avia xunguiron as súas diferentes individualidades para resaltar a identidade e historia das suas terriñas, os do Arnoia poderían ir matinando en algo semellante porque tamén lles sobra personalidade e calidade. Xose Merens, propietario da adega Lagar do Merens, atopase no medio deste microcosmos arnoian entre o perdido e […]

O néctar do Ribeiro

Se me poño eiqui a falar do Ribeiro todos imaxinan deseguido unha copa relucente de pálidos reflexos, esquecidos outros tempos máis escuros, cecais algún avanzado terá na recámara a posíbel opción da dourada tonalidade dun tostado, xa en boca de todos, ou máis ben na imaxinación polo seu escaso número, como alternativa aos brancos nas […]