30 copelos

P9190632

Se os adegueiros da ribeira do Avia xunguiron as súas diferentes individualidades para resaltar a identidade e historia das suas terriñas, os do Arnoia poderían ir matinando en algo semellante porque tamén lles sobra personalidade e calidade.

Xose Merens, propietario da adega Lagar do Merens, atopase no medio deste microcosmos arnoian entre o perdido e sorprendente Emilio Rojo e o próximo e profundo Luis Anxo Rodriguez, reflectindo con elegancia anada apos anada as características do seu viñedo que se atopa dividido coma un puzzle nun cento de parceliñas que suman unhas tres hectáreas entre ladeiras, pendentes, socalcos e vales coas castes tradicionais do Ribeiro. Así foi e é cos seus brancos Lagar do Merens (con e sen barrica) e así será, visto ou degustado o 30 copelos, tamén co seu novo e único viño tinto, elaborado con caíño longo, caíño redondo, sousón, brancellao e ferrón.

O significado do seu nome hai que buscalo dentro da gran cantidade de denominacións que para as unidades de medida existen na provincia de Ourense, así 30 copelos ven sendo un ferrado ou unha cavadura, ou sexa aproximadamente cincocentos metros cadrados.  

Pasa coa fina rugosidade que eriza o tacto dunha pel sedosa, saborosamente fresco e suave, ou un manual da sutil elegancia.

Aparece cunha sensación fresca iluminada polo sol do inverno, denlle tempo para que esta luz esperte a froita negra e as baias silvestres, polo sendeiro a tenue flor e o vexetal comedido brincando sobre a flor de azafrán.

2 Responses30 copelos to “”

  1. […] coa personalidade das máis de cen parceliñas que traballa nestas terriñas arnoianas, e un tinto, 30 copelos, que se en xaneiro cando o probara por primeira vez, é a primeira anada, tiña a dificultade dos […]

  2. […] á limpa flor asomando entre unha froita que foi silvestre hai un ano e hoxe carga de vermello o seu cheiro, cun especiado que chispea no […]